Martes, 13 de abril de 2010

C.B.CASELAS/E.D.M.SALCEDA Infantil Feminino, entrenado por Carlos Kustrin, proclamouse este domingo 11 de abril en Salceda, subcampión de Liga Zonal División B, logo de vencer na derradeira xornada ao terceiro clasificado, o Embrujo Céltico Caixanova por un claro 61-31. As nosas xogadoras saíron decididas e no primeiro periodo xa gañaban 19-7. A segunda metade, con case todo resolto, foi máis igualada.
O Caselas remata con 9 victorias e 3 derrotas.

A clasificación final queda así:
1º Zeltia Caixanova
2º C.B.Caselas EDM.
3º Embrujo Céltico Caixanova
4º Colexio Mariano
5º Angel de la Guarda Nigrán

NORABOA AS XOGADORAS E ENTRENADOR!!

CATEGORÍAS BASE

No resto de equipos, nova victoria do Alevín Mixto "A", que venceu ao C.Andersen por 58-23.
O Alevín Mixto "B" caeu perante o 2ºclasificado García Barbón por 4-48. O Benxamín Mixto, no miniderbi con Tui, perdeu no partido de ida por 38-36 cunha canasta sobre a bocina dos tudenses. O vindeiro fin de semana xogarase a volta en Salceda.

PÓSTER DO ALEVÍN MIXTO "A" NO ATLÁNTICO DIARIO

O xornal Atlántico Diario publicou onte Luns 12 de abril un póster a toda cor do equipo Alevín Mixto "A" do C.B.Caselas EDM. Aparece en tamaño xigante a doble páxina nas follas centrais.

Publicado por cbcaselas @ 22:00