Martes, 13 de abril de 2010
C.B.CASELAS (73): Pedro (15), Pablo (9), Rubén Alonso (6), Carlos (4), Rubén Rdguez (8). QUINTETO. Javi (22), David (9), Jacobo (0).
Parciais: 14-18 / 12-19 / 20-12 / 27-16.
Incidencias: O pouco público no Pavillón de Deportes de Salceda, animou sen parar ao Caselas, especialmente na segunda metade. O partido coincidiu no medio dun Barcelona-Madrid de baloncesto e logo de fútbol. Os de Salceda tiveron as baixas de Yanko, Juan, Rober e Ricardo.

Gran victoria dun Caselas que, con importantes baixas, foi de menos a máis ao longo do encontro, acandando a máxima renta de 8 puntos ao final.
A primeira metade foi mala, con pouco acerto no tiro e poucas ideas, cunha desventaxa de 26-37 ao descanso.
Na segunda metade os nosos estiveron sensacionais -elocuente parcial de 47-28-. Os salcedenses cun gran traballo de tódolos xogadores, creeron na remontada e lograron empatar o partido no derradeiro cuarto, con acerto no tiro (5 triplas en 20 minutos) e boa defensa.
O partido entrou nunha fase dura, con moito contacto por ambas partes e moitísimas faltas, que remataron con cinco eliminados: dous do Caselas e tres de La Guía. Así aos dous minutos do último cuarto xa tiñamos bandeira ao noso favor, e os vigueses pouco despois. Nese intercambio de tiros libres, con Javi e Pedro moi acertados, saímos gañando. 
Nos segundos finais, con 70-65 no marcador, o canteirán Pablo Cabaleiro puxo o broche cunha tripla dende 12 metros que levantou á grada.
O vindeiro fin de semana xogaremos en La Guía o partido de volta. De pasar, xogaremos os postos 5º e 6º co gañador de Puerto de Vigo-Lunic (94-48 na ida para o Puerto, que deixa practicamente resolta a eliminatoria). Os perdedores loitarán polos postos 7º e 8º.
Publicado por cbcaselas @ 19:29  | CRONICAS