Domingo, 04 de abril de 2010
Preto de 30 rapaces/as repartidos en tres equipos de minibásquet do C.B.Caselas EDM participaron nunha nova edición do torneo Vilagarcía Basket Cup Base, que se organiza paralelo ao Torneo Sub-20.
A xornada foi inolvidable e chea de boas experiencias para os nosos pequenos (xogos, talleres, autógrafos e sobre todo BALONCESTO), que estiveron acompañados por un numerosísimo público de Salceda.
A nivel deportivo, os tres equipos remataron invictos, con 8 victorias e un empate nun total de 9 partidos. Enfróntaronse a equipos como o Celta de Vigo, BBC Vilagarcía, Meco de O Grove e Cluny e La Salle de Santiago.
A última hora da tarde tivemos a ocasión de presenciar dous dos mellores partidos de canteira que se poden ver en Europa. No primeiro, o Joventut de Badalona perdeu perante Zalgiris Kaunas por 46-69. Logo, o que sería campión do torneo, o FMP Zelecnic, derrotou nun excelente partido resolto na prórroga ao Estudiantes de Madrid por 81-86.
Felicitar a organización do torneo, que en tres días logrou reunir -e o máis importante, saber organizar- a preto de 2.000 xogadores entre todas as categorías. Noraboa!


Os Benxamíns de Natalia e Pablo celebran a súa primeira victoria perante La Salle.

O Alevín Mixto "A" de Carlos e Juan perante o BBC Vilagarcía masculino.

Roi, Pablo e Adrián queimando enerxías... por que aínda lle quedaban?

O Alevín Mixto "A" celebra unha nova victoria.

Os máis pequenos "asaltaron" aos maiores. O alevín do Caselas Miguel -boli en man- cun xogador do Budivelnik de Ucrania.

Os entrenadores Manolo e Iago dan instruccións aos xogadores do Alevín Mixto "B" no partido perante BBC Vilagarcía.

Chicui, a mascota do Unicaja Málaga, pasou un bó rato coa afeción de Salceda.

Agora Marta a caza do autógrafo dun xogador lituano.

Os rapaces e público de Salceda tivemos a ocasión de presenciar un excelente Zelecnic-Estudiantes, resolto na prórroga. Un xogador serbio machaca o aro.

Ilusión, felicidade, unión, compañeirismo, diversión,.....BALONCESTO!

Publicado por cbcaselas @ 12:12  | TORNEOS E ACTOS