Mi?rcoles, 31 de marzo de 2010

Andrea co nº6, a terceira de abaixo comezando pola dereita.
(Fotos F.G.B.)

Que a selección galega de minibásquet quede campiona de España en Categoría Preferente é moi meritorio, pero aínda o é máis -para nós- que nela haxa unha integrante de Salceda de Caselas: Andrea.
Galicia desfíxose con certa facilidade de Extremadura (50-79), La Rioja (63-12) e Asturias (45-65), para plantarse na final perante Illas Baleares.

FINAL: Illas Baleares 74 Galicia 75

A boa nova, e o encontro que aportou maior emoción, foi o protagonizado polas xogadoras galegas que acadaron a vitoria ante Baleares nun competido e atractivo encontro cun tenteo final de 74 - 75.

O axustado final de encontro veu precedido dunha serie de cuartos nos que imperou unha igualdade na que destacou a intensidade galega para escalar, pouco a pouco, puntos no electrónico. Así, e tras traballar duro, as xogadoras de Mariña Penedo chegaban ao derradeiro cuarto cunha vantaxe de 11 puntos sobre as Baleares.

Esta diferenza, a priori vital para afrontar os últimos oito minutos, viuse mermada nos segundos finais, deixando un punto arriba ás rivais (74 - 73). Neste momento, unha boa xogada marcada por Mariña nun tempo morto e culminada na cancha pola alero Alicia Muñoz, adiantou ás galegas e deixou un tenteo definitivo de 74 - 75. As xogadoras das islas tentárono coas triplas pero a fortuna quixo premiar a Galicia.

Todo o conxunto de xogadoras celebrou co asubío final un peche de campionato excepcional: catro vitorias en catro encontros que as sitúan como o mellor equipo da categoría feminina preferente.
Andrea defendendo a unha xogadora extremeña

ASCENSOS:
Tanto a selección feminina como a masculina (sen representación do Caselas) acadaron o ascenso para o vindeiro ano á Categoría Especial. Ascenden os dous finalistas: en feminino Galicia e Baleares. En masculino, onde Galicia perdeu na final coa Comunidade Valenciana por 90-72, ascenden estas dúas comunidades.

NORABOA ANDREA !!!!!!!!


Publicado por cbcaselas @ 19:30  | TORNEOS E ACTOS
Martes, 30 de marzo de 2010

INFANTIL FEMININO:  EMBRUJO CELTICO 70 CASELAS 64

C.B.Caselas EDM (64): Laura Fdez (14), Tamara (38), Laura Guerrero (1), Carla (4), Lara (0). QUINTETO. Cynthia (4), Doa (1), Nerea (2).
No único partido do clube neste fin de semana xogado no pavillón de Balaídos, as rapazas de Carlos remataron con 3 xogadoras na pista pola eliminación por 5 faltas de Laura F, Laura Gu, Tamara, Carla e Nerea (e Cynthia con catro faltas). Aínda así o equipo tentouno e entregouse ata o final.
Estes mesmos dous equipos (empatados na clasificación con 8 victorias e 3 derrotas), disputarán en Salceda o fin de semana do 10-11 de abril o derradeiro partido de liga que decidirá o subcampionato da División B.

ANDREA XOGA HOXE A FINAL DO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE SELECCIÓNS AUTONÓMICAS

Galicia xoga hoxe as 15:30 horas en San Fernando (Cádiz) a final do "Grupo Preferente" do Campionato perante as Illas Baleares.
Os dous equipos remataron líderes invictos dos seus grupos.
Moita sorte a Andrea e a selección!!!!!


E NA TELEVISIÓN, O MADRID-BARCELONA

E para completar a xornada temos hoxe o terceiro partido de cuartos de final da Euroliga: R.Madrid - F.C.Barcelona (21:25 horas en Teledeporte). A serie promete, pois están un a un no global.


Publicado por cbcaselas @ 11:06
Lunes, 29 de marzo de 2010

Un ano máis os rapaces e rapazas da Escola Deportiva Municipal de Baloncesto estarán neste prestixioso torneo sub-20, destinado tamén ao minibásquet.
O C.B.Caselas EDM. participará cos tres equipos de minibásquet: BENXAMÍN MIXTO, ALEVÍN MIXTO "A" e "B".
O recinto feiral de FEXDEGA, en Vilagarcía de Arousa acollerá tódolos partidos. Saíremos de Salceda o Venres 2 de abril ás 8:30 para chegar sobre ás 22:30 horas.
O clube porá un autobús para xogadores, quedando as prazas sobrantes para aqueles que desexen ir por orde de inscrición. Poden anotarse na oficina de deportes do pavillón (tfno.986.349513) ata o mércores 31 incluído.
Durante a xornada, os nosos equipos xogarán 3 partidos cada un. Posteriormente nos quedaremos a ver o Torneo Sub-20, coas mellores canteiras de xogadores de Europa: Estudiantes Madrid, Joventut Badalona, Dynamo Moscú, Zalguiris Kaunas, Zelecnic e Mega Vizura (ambos de Belgrado).

Calendario equipos C.B.Caselas EDM.Salceda:

ALEVÍN "A" ALEVÍN "B" BENXAMÍN
11:05 h
BBC Vilagarcía masc - Caselas
14:00 h
Caselas - La Salle fem
10:30 h
Caselas - La Salle A
14:35 h
Caselas - La Salle mixto
16:55 h
Caselas - Celta de Vigo
12:15 h
Caselas - Cluny Stgo.
17:30 h
Meco Grove fem - Caselas
19:15 h
BBC Vilagarcía mix - Caselas
15:10 h
Caselas - BBC Vilagarcía

Calendario Torneo Sub-20:

11:30 h: Estudiantes - Dynamo Moscú
17:00 h: Joventut - Zalguiris
19:00 h: Estudiantes - Zelecnic

Publicado por cbcaselas @ 15:07
Mi?rcoles, 24 de marzo de 2010
A nosa xogadora alevín Andrea Vaqueiro Farrapeira debutará este sábado 27 de Marzo con Galicia no XXIII Campionato de España de Seleccións Autonómicas de Minibásquet, que se celebra en San Fernando (Cádiz) do 27 ao 31 do presente mes.

O calendario da selección galega feminina é o seguinte:

Sábado 27 / 13:30 horas: EXTREMADURA 50 - GALICIA 79
Domingo 28 / 13:30 horas: GALICIA 63- LA RIOJA 12
Luns 29 / 13:30 horas: ASTURIAS 45 - GALICIA 65
Martes 30 / 15:30 horas / "GRAN FINAL":  ISLAS BALEARES 74 - GALICIA 75
-- GALICIA CAMPIONA DE ESPAÑA DA CATEGORÍA PREFERENTE --

Dende estas liñas desexamos a Andrea un gran campionato, onde estará coas mellores xogadoras españolas da súa idade.

Na web da Federación Galega Baloncesto, que se atopa nos enlaces desta nosa web, podes atopar a información puntual do campionato, con resultados, clasificacións, resumes,.....e unha galería de imaxes (non vos perdades a foto de Andrea en posición defensiva perante unha xogadora extremeña).

Publicado por cbcaselas @ 23:33  | TORNEOS E ACTOS

As competicións de liga para os nosos equipos paralízanse nestes dous fins de semana de Semana Santa.
O Infantil Feminino aproveitará para xogar o partido perante o Embrujo Céltico, aprazado no seu día en Balaídos pola condensación na pista. Tamén lle queda pendente outro partido en Salceda contra este mesmo equipo -o que se suspendeu polo temporal Xynthia-, que se xogará no fin de semana do 10-11 de abril.

Infantil Feminino:  EMBRUJO CÉLTICO - C.B.CASELAS EDM.
Domingo 28 Marzo / 12:00 h. / Pavillón de Balaídos (Vigo) / Saída 10:45


Publicado por cbcaselas @ 23:13
Lunes, 22 de marzo de 2010
Un momento do derbi en Salceda.

C.B.CASELAS (50): Javi (13), Pedro (5), Rubén Alonso (6), Rober (0), Carlos (0). QUINTETO. Pablo (5), David (0), Yanko (17), Rubén Rdguez (3), Jacobo (1).
C.B.TUI "B" (50): González (0), J.M.Pérez (7), D.Huerga (9), A.Aldea (6), Víctor Carrera (7). QUINTETO. M.Pérez (2), F.Martínez (0), D.Paz (6), S.Gómez (0), C.Vicente (0), A.Durán (9), D.Piñeiro (4).
Parciais: 15-14 / 14-18 / 12-11 / 9-7.
Incidencias: Máis dun centenar de persoas no Pavillón Municipal de Salceda. Ao final do encontro, o entrenador do Caselas Carlos Kustrin recibiu un recordo polo seu cumpreanos no medio dos cánticos do público.

Carlos recibe un detalle de cumpreanos por parte dunhas xogadoras da base.O Caselas deu unha imaxe moi diferente que en Tui, pero principalmente o pouco acerto cara o aro foi un lastre para, canto menos, gañar o partido.
O derbi foi igualado e emocionante, non tanto polo xogo, se non pola igualdade e loita. En efecto, os nosos fixeron un gran desgaste defensivo durante os 40 minutos que permitía amortizar as pequenas ventaxas visitantes. Chegouse ao descanso con 29-32.
Na segunda metade continuou a mesma tónica. Nos minutos finais os de Salceda xogaron con máis corazón que cabeza e o Tui aproveitouse para pasar dun 50-47 ao empate a 50, con canasta decisiva do ex-xogador do Caselas Víctor.
A pesar da eliminación da fase de ascenso, o equipo intentouno ata o final, indo a máis e unha actitude irreprochable de tódolos membros. Lástima o primeiro tempo de Tui onde se enterraron parte das opcións.
Nos vindeiros días comunicaremos os partidos da loita polos postos 5º a 8º onde estará o Caselas.

CATEGORÍAS BASE

Derrrota do Infantil Feminino de Carlos no partido estrela entre os dous primeiros clasificados que se xogaban practicamente o título ligueiro. Resultado final de Zeltia Caixanova 46 Caselas 36.
Os dous equipos "máis pequechos" do clube nos deron dúas alegrías a domicilio: o Benxamín Mixto de Natalia gañou en Vigo ao Colexio Mariano feminino por 9-48. O Alevín Mixto "B" de Manolo venceu en Coruxo ao Divino Salvador "B" por 29-39.

Publicado por cbcaselas @ 23:29  | CRONICAS
Mi?rcoles, 17 de marzo de 2010
Dous partidos importantísimos para os intereses dos nosos equipos.
Por un lado o Senior Masculino, que precisa remontar 22 puntos perante Tui no partido de volta de cuartos de final da Fase de Ascenso. Moi, moi difícil. Precisamos o apoio de todos dende a bancada. No partido, coa rifa do día a un euro, sortearemos varios lotes de productos.
Por outro lado, as Infantiles xóganse o liderato perante un equipo do Celta (ambos empatados cunha soa derrota en toda a liga).

 CATEGORÍA

PARTIDO

LUGAR
DÍA / HORA

HORA
DE SAÍDA

SENIOR
MASCULINO

C.B. CASELAS -
C.B. TUI "B"

Pavillón de Salceda
Sábado 20 / 20:00h

INFANTIL
FEMININO

ZELTIA CAIXANOVA -
CASELAS

Pavillón de Balaídos (Vigo)
Sábado 20 / 10:00h
9:00

ALEVÍN
MIXTO "A"

CASELAS "A" -
C.ANDERSEN

APRAZADO A PETICIÓN DO ANDERSEN

ALEVÍN
MIXTO "B"

DIVINO SALVADOR "B" -
CASELAS "B"

Colexio Divino Salvador (Coruxo-Vigo)
Domingo 21 / 11:30h
10:15

BENXAMÍN
MIXTO

(Descanso)


Publicado por cbcaselas @ 20:54
Martes, 16 de marzo de 2010
Confirmouse a noticia que todos esperabamos!!! 
A xogadora alevín de 12 anos do CB.Caselas/EDM.Salceda Andrea Vaqueiro Farrapeira, foi convocada con Galicia para representar á nosa comunidade no XXIII Campionato de España de Seleccións Autonómicas de Minibásquet, que se celebrará en San Fernando (Cádiz) do 27 ao 31 do presente mes de marzo.
A lista das seleccións femininas e masculinas foi dada este fin de semana nas concentracións celebradas en Burela e Xinzo de Limia respectivamente, onde Andrea tivo un intenso traballo.

Logo de varios anos na nosa canteira e moitas horas de adestramento cos distintos entrenadores -os cales agradecemos-, esta chamada supón un premio ao excelente rendemento e constancia desta rapaza que sempre destacou pola súa entrega e loita

Antes de partir para Cádiz, a Selección Galega fará escala o vindeiro fin de semana do 20 e 21 de marzo en Miranda de Ebro (Burgos), onde xogará un torneo preparatorio enfrontándose o domingo 21 as 10 horas a Castela e León, e as 15:45 horas a Asturias.

Toda a familia que formamos o C.B.Caselas e E.D.M. de Salceda estamos orgullosos desta nova.

P.D.: Podedes enviar ao foro desta web as vosas mensaxes para Andrea.

Publicado por cbcaselas @ 22:10  | TORNEOS E ACTOS
Lunes, 15 de marzo de 2010
C.B.TUI "B" (68): D.Huerga (3), A.Aldea (21), S.Gómez (6), Víctor Carrera(14), D.Piñeiro (4). QUINTETO. J.M.Pérez (3), M.Pérez (0), F.Martínez (2), D.Paz (5), C.Vicente (2), A.Durán (7), S.Solla (1).
C.B.CASELAS (46): Javi (2), Pablo (0), David (0), Yanko (19), Rubén Rdguez (7). QUINTETO. Pedro (2), Rubén Alonso (1), Roberto (0), Carlos (13), Jacobo (2).
Parciais: 27-12 / 13-5 / 14-10 / 14-19.
Incidencias: Boa entrada de público e bó ambiente no Pavillón Municipal de Tui. Preto de dúas ducias de afecionados de Salceda animaron incansablemente ao noso equipo. Nos tudenses xogou o pivot Víctor, ata o ano pasado xogador do Caselas, onde estivo moitos anos.

O Caselas non respondeu ás expectativas que despertara o derbi e o esforzo do derradeiro cuarto só foi suficiente para deixar a diferencia en 22 puntos, algo moi difícil de remontar no partido de volta en Salceda.
No primeiro cuarto saímos flouxos en defensa, -claro marcador de 27-12- con 5 triplas dos locais, que lle imprimiron un alto ritmo ao xogo. En ataque estabamos espesos; canastas claras falladas e tiros forzados. Con todo, só 5 puntos anotados no segundo cuarto por 13 o Tui (40-17 ao descanso).
Na segunda metade e, especialmente no periodo final, o Caselas xogou con máis fluídez, atopando mellores posicións para anotar. Pero xa non había tempo e os tudenses leváronse unha victoria merecida.
Aínda que partido en liñas xerais non foi moi bó, houbo momentos de moita intensidade e gañas que agradaron ao moito público.


CATEGORÍAS BASE

Infantil Feminino: ANGEL DE LA GUARDA NIGRÁN 8  CASELAS 89
C.B.Caselas EDM (89):
Laura Fdez (10), Tamara (51), Cynthia (0), Laura Guerrero (6), Doa (2), Carla (16), Nerea (4), Lara (0).
Como anécdota, a nosa xogadora Tamara estableceu un récord de anotación que cremos non sucedeu anteriormente no clube -51 puntos-.

Alevín Mixto "A": DIVINO SALVADOR "A" 30   CASELAS 69
C.B.Caselas EDM (69):
Blanca (16), Mar (4), Jose (8), Noelia (4), Angela (0), Carlos (12), Fabiola (9), Carla (12), Iria (2), Laura (2), Alicia (0).
O equipo xogou sen Andrea, concentrada coa preselección galega en Burela (Lugo).

Alevín Mixto "B": CASELAS 32  S.JOSÉ LA GUÍA 67
C.B.Caselas EDM (32):
Alex (10), Flor (0), Marta (4), Adrián (8), Bruno (8), Paloma (0), Roi (2), Pablo (0).
Partido vistoso onde os vigueses aproveitaron a súa grande superioridade física.

Benxamín Mixto: APÓSTOL masc.47 CASELAS 23

Publicado por cbcaselas @ 21:48  | CRONICAS
Mi?rcoles, 10 de marzo de 2010
O partido de Ida de cuartos de final da Fase de Ascenso Senior entre Tui e Caselas centra a atención deste fin de semana.
Tamén destacar que a nosa xogadora Alevín Andrea Vaqueiro ten este fin de semana a concentración definitiva coa preselección galega de minibásquet, xa que a vindeira semana farase pública a lista das doce que irán ao Campionato de España. O lugar de concentración será a localidade lucense de Burela o sábado e domingo. O mesmo sábado xogarán un partido amigable cunha selección infantil da Mariña Lucense ás 17 horas.
Sorte a Andrea e aos equipos do CB.Caselas!!!

 CATEGORÍA

PARTIDO

LUGAR
DÍA / HORA

HORA
DE SAÍDA

SENIOR
MASCULINO

C.B. TUI "B"
C.B. CASELAS

Pavillón de Tui (vello)
Domingo 14 / 12:00h

INFANTIL
FEMININO

ANGEL DE LA GUARDA
CASELAS

Pavillón Municipal de Panxón
Domingo 14 / 10:30h
9:30

ALEVÍN
MIXTO "A"

DIVINO SALVADOR "A"
CASELAS "A"

Colexio Divino Salvador (Coruxo-Vigo) 
Sábado 13 / 16:00h
14:45

ALEVÍN
MIXTO "B"

CASELAS "B" -
S.JOSÉ LA GUÍA

Pavillón de Salceda
Sábado 13 / 11:30h

BENXAMÍN
MIXTO

APÓSTOL -
CASELAS

Colexio Apóstol (Vigo)
Sábado 13 / 16:30h
15:15

Publicado por cbcaselas @ 21:53
Lunes, 08 de marzo de 2010

Os senior nun partido desta temporada en Salceda
C.B.Caselas
(finalmente 2º clasificado do Grupo B) e C.B.Tui "B" (3º do Grupo A), disputarán este vindeiro fin de semana en Tui o partido de Ida de cuartos de final da Fase de Ascenso a División "A" Senior.
Logo de dúas semanas de incertidume polo partido entre S.José La Guía "B" e Airexa Nigrán "B", que decidía os cruces, o sábado disputouse coa victoria de La Guía por 64-58. Isto provoca un triple empate na clasificación do Grupo B con 7 victorias e 5 derrotas entre Caselas, Lunic e La Guía, resolto polo "basketaverage". Así o Caselas queda 2º, Lunic 3º, e La Guía 4º.
Nos vindeiros días confirmaremos o día e a hora do encontro en Tui. Animamos a todos aqueles afecionados que nos acompañen.

CRUCES DE CUARTOS DE FINAL

AGENCIA MARÍTIMA (VIGO) - PUERTO DE VIGO
C.B. LUNIC (VIGO) - ADEMAR MARISTAS (VIGO)
C.B. TUI "B" - C.B. CASELAS
S.JOSÉ LA GUÍA "B" - C.B. VIGO A.M.
Partidos de Ida: 13-14 marzo.   Partidos de Volta: 20-21 marzo.

CLASIFICACIÓNS FINAIS SENIOR DIVISIÓN "B"



Publicado por cbcaselas @ 23:01
C.B.Caselas EDM. Alevín "A"O xoves xogouse o derbi Alevín Mixto "A" vs "B" sen moita historia como indica o marcador final de 7-57 favorable aos A, que impuxeron o maior físico e orden nun pavillón de Salceda con bó ambiente.

Pero o partido máis destacado desta xornada do 6-7 de marzo foi o da categoría Alevín Mixto xogado en Vigo entre o 2ºclasificado María Inmaculada e o líder Caselas "A". Logo dunha primeira metade moi irregular para os nosos/as que rematou con 32-22 para os vigueses, na segunda parte o Caselas bordouno en defensa cunha gran entrega dos xogadores e xogadoras de Carlos Kustrin, que cun parcial de 10-28, leváronse a victoria por 42-50. Gran ambiente na bancada (preto de dúas ducias de afecionados de Salceda) e ledicia nas caras de toda a expedición ao rematar o encontro.

Os compañeiros do Alevín Mixto "B" tamén acadaron a victoria o domingo no Colexio Miralba de Vigo por 22-50. Os rapaces e rapazas de Manolo -na foto- esperaron á segunda metade para dominar por completo ao rival (12-16 no descanso).
Xogaron e anotaron polo Caselas "B" (50): Alex (14), Marta (4), Roi (4), Pablo (0), Paloma (1), Flor (0), Adrián (8), Bruno (16) e Miguel (3). Non xogou Víctor por lesión.

En Infantil Feminino victoria sen paliativos na cancha do Colexio Mariano de Vigo por 14-82 nun partido sen historia onde o Caselas só dispuxo de seis xogadoras.

Os máis pequenos do Benxamín Mixto de Natalia deron a cara en Salceda perante o líder García Barbón, pero perderon finalmente por 16-29.

Publicado por cbcaselas @ 22:36
Domingo, 07 de marzo de 2010

A Escola Galega de Adestradores de Baloncesto inaugura neste mes de marzo os seus cursos de Iniciación correspondentes ao ano 2010.

A Delegación de Vigo será a encargada de acoller o primeiro e dar así oportunidade a todos os amantes do baloncesto que desexen iniciarse como adestradores.

A Delegación en Vigo da Federación Galega de Baloncesto acollerá durante este mes de marzo e no vindeiro mes de abril o primeiro curso de iniciación da Escola Galega de Adestradores para a temporada 2009/2010.

Baixo a dirección de Cuco Rodríguez e repartidas as clases en dúas fins de semana completas (13 e 14 de marzo e 17 e 18 de abril), levarase a cabo este curso en horario de 09.30 h a 14.00 h e de 16.30 h a 21. 00 h.

O Colexio Maristas de Vigo acollerá a actividade, a cal contará cun elenco de profesores completo e de grande calidade. Así, os alumnos poderán contar coa experiencia e profesionalidade de adestradores e adestradoras da talla de Carlos Colinas, César Iglesias, Jaime Timiraos, Cristina Cantero, o propio director do curso, Cuco Rodríguez, e o recentemente nomeado seleccionador español feminino U 18 e actual adestrador do Real Club Celta de LF2, Miguel Méndez.

Inscrición e participación
A participación neste primeiro curso da temporada require un proceso de inscrición para o cal a Escola Galega de Adestradores habilita unha data límite: o vindeiro 11 de marzo, xornada anterior a fin de semana inicial do curso.

Deste xeito, e antes desta data,  os interesados en formar parte da iniciativa teñen que facer chegar á Delegación Viguesa de Baloncesto o formulario de inscrición.  Así mesmo, deberán entregar 2 fotografías tamaño carné, fotocopia compulsada do DNI, e xustificante de ter pagado a cota de inscrición ao curso, así como copia compulsada da titulación académica.

Os datos completos referidos a este proceso: cota de inscrición, requisitos básicos, número de conta e recomendacións para os alumnos poden consultarse na convocatoria dos Cursos de Iniciación 2009/2010


Publicado por cbcaselas @ 19:12
Mi?rcoles, 03 de marzo de 2010

O Caselas Senior segue a espera do que decida o Comité de Competición da Federación respeto ao partido La Guía-Airexa Nigrán, e que decidirá os postos dos cruces polo ascenso. Nestes días saberase o fallo. A día de hoxe, a fase de ascenso está suspendida cautelarmente, polo que este fin de semana os nosos senior descansarán.
Na base, destacar mañá xoves 4 ás 18:30 horas no Pavillón de Salceda, o derbi Alevín Caselas "A" contra "B", suspendido o sábado pasado polo temporal.
Esperámosvos!!!

 CATEGORÍA

PARTIDO

LUGAR
DÍA / HORA

HORA
DE SAÍDA

SENIOR
MASCULINO

(Descanso)

INFANTIL
FEMININO

C.MARIANO
CASELAS

Colexio Mariano (Vigo)
Sábado 6 / 11:30h
10:15

ALEVÍN
MIXTO "A"

MARÍA INMACULADA
CASELAS "A"

Colexio Carmelitas (Vigo)
Sábado 6 / 16:30h
15:15

ALEVÍN
MIXTO "B"

MIRALBA - 
CASELAS "B"

Colexio Miralba (Vigo)
Domingo 7 / 10:30h
9:30

BENXAMÍN
MIXTO

CASELAS -
GARCÍA BARBÓN

Pavillón de Salceda
Sábado 6 / 11:30h

Publicado por cbcaselas @ 22:41
Lunes, 01 de marzo de 2010

QUERES SER OFICIAL DE MESA DE BALONCESTO ?

A tarefa dos oficiais de mesa ten este sábado, 6 de marzo, en Vigo, unha nova cita con todos os interesados en iniciar a súa formación dentro desta área do baloncesto.
Así, o Comité Vigués de Árbitros celebra nesa xornada, en horario continuo de 9.00 h a 14.00 h, un novo curso de iniciación con esta materia como protagonista. A actividade será de balde para todos os asistentes e estará dirixida por oficiais de mesa de categoría Adecco Ouro.
Posteriormente e para completar o proceso de aprendizaxe, na xornada do día 25 de marzo, ás 20.30 h da tarde, terá lugar un exame de repaso e actualización dos contidos expostos e explicados o día 6.
Participación
Todas as persoas interesadas en formar parte desta iniciativa de carácter formativo poden obter máis información sobre a mesma poñéndose en contacto co Comité Vigués de Árbitros de Baloncesto (Tfno. 626 613 226). O curso celebrarase na sede deste Comité, na Rúa San Francisco, 49- 2ºIzq (na Praza do Berbés).

O DERBI ALEVÍN, ESTE XOVES DÍA 4

O derbi Alevín Mixto entre o Caselas "B" e o "A" suspendido o sábado polo temporal, será este xoves 4 de marzo ás 18:30 horas no Pavillón de Salceda.

O ALEVÍN FEMININO, INVITADO AO TORNEO INTERNACIONAL DE MINIBASQUET CAIXANOVA DE BAIONA

O noso equipo Alevín Feminino ven de ser invitado a este prestixioso Torneo que se celebrará en Baiona o 24 e 25 de abril. Estarán os mellores equipos de Galicia xunto a outros de fóra da comunidade coma o Estudiantes de Madrid, o Ponce de Valladolid ou o Oporto. As rapazas de Carlos Kustrin xogarán unha fase provincial o sábado pola mañá, que decidirá que equipos acceden a fase final do sábado a tarde e domingo.


Publicado por cbcaselas @ 22:57