Mi?rcoles, 31 de marzo de 2010

Andrea co nº6, a terceira de abaixo comezando pola dereita.
(Fotos F.G.B.)

Que a selección galega de minibásquet quede campiona de España en Categoría Preferente é moi meritorio, pero aínda o é máis -para nós- que nela haxa unha integrante de Salceda de Caselas: Andrea.
Galicia desfíxose con certa facilidade de Extremadura (50-79), La Rioja (63-12) e Asturias (45-65), para plantarse na final perante Illas Baleares.

FINAL: Illas Baleares 74 Galicia 75

A boa nova, e o encontro que aportou maior emoción, foi o protagonizado polas xogadoras galegas que acadaron a vitoria ante Baleares nun competido e atractivo encontro cun tenteo final de 74 - 75.

O axustado final de encontro veu precedido dunha serie de cuartos nos que imperou unha igualdade na que destacou a intensidade galega para escalar, pouco a pouco, puntos no electrónico. Así, e tras traballar duro, as xogadoras de Mariña Penedo chegaban ao derradeiro cuarto cunha vantaxe de 11 puntos sobre as Baleares.

Esta diferenza, a priori vital para afrontar os últimos oito minutos, viuse mermada nos segundos finais, deixando un punto arriba ás rivais (74 - 73). Neste momento, unha boa xogada marcada por Mariña nun tempo morto e culminada na cancha pola alero Alicia Muñoz, adiantou ás galegas e deixou un tenteo definitivo de 74 - 75. As xogadoras das islas tentárono coas triplas pero a fortuna quixo premiar a Galicia.

Todo o conxunto de xogadoras celebrou co asubío final un peche de campionato excepcional: catro vitorias en catro encontros que as sitúan como o mellor equipo da categoría feminina preferente.
Andrea defendendo a unha xogadora extremeña

ASCENSOS:
Tanto a selección feminina como a masculina (sen representación do Caselas) acadaron o ascenso para o vindeiro ano á Categoría Especial. Ascenden os dous finalistas: en feminino Galicia e Baleares. En masculino, onde Galicia perdeu na final coa Comunidade Valenciana por 90-72, ascenden estas dúas comunidades.

NORABOA ANDREA !!!!!!!!


Publicado por cbcaselas @ 19:30  | TORNEOS E ACTOS