Martes, 16 de marzo de 2010
Confirmouse a noticia que todos esperabamos!!! 
A xogadora alevín de 12 anos do CB.Caselas/EDM.Salceda Andrea Vaqueiro Farrapeira, foi convocada con Galicia para representar á nosa comunidade no XXIII Campionato de España de Seleccións Autonómicas de Minibásquet, que se celebrará en San Fernando (Cádiz) do 27 ao 31 do presente mes de marzo.
A lista das seleccións femininas e masculinas foi dada este fin de semana nas concentracións celebradas en Burela e Xinzo de Limia respectivamente, onde Andrea tivo un intenso traballo.

Logo de varios anos na nosa canteira e moitas horas de adestramento cos distintos entrenadores -os cales agradecemos-, esta chamada supón un premio ao excelente rendemento e constancia desta rapaza que sempre destacou pola súa entrega e loita

Antes de partir para Cádiz, a Selección Galega fará escala o vindeiro fin de semana do 20 e 21 de marzo en Miranda de Ebro (Burgos), onde xogará un torneo preparatorio enfrontándose o domingo 21 as 10 horas a Castela e León, e as 15:45 horas a Asturias.

Toda a familia que formamos o C.B.Caselas e E.D.M. de Salceda estamos orgullosos desta nova.

P.D.: Podedes enviar ao foro desta web as vosas mensaxes para Andrea.
Publicado por cbcaselas @ 22:10  | TORNEOS E ACTOS