Lunes, 08 de marzo de 2010
C.B.Caselas EDM. Alevín "A"O xoves xogouse o derbi Alevín Mixto "A" vs "B" sen moita historia como indica o marcador final de 7-57 favorable aos A, que impuxeron o maior físico e orden nun pavillón de Salceda con bó ambiente.

Pero o partido máis destacado desta xornada do 6-7 de marzo foi o da categoría Alevín Mixto xogado en Vigo entre o 2ºclasificado María Inmaculada e o líder Caselas "A". Logo dunha primeira metade moi irregular para os nosos/as que rematou con 32-22 para os vigueses, na segunda parte o Caselas bordouno en defensa cunha gran entrega dos xogadores e xogadoras de Carlos Kustrin, que cun parcial de 10-28, leváronse a victoria por 42-50. Gran ambiente na bancada (preto de dúas ducias de afecionados de Salceda) e ledicia nas caras de toda a expedición ao rematar o encontro.

Os compañeiros do Alevín Mixto "B" tamén acadaron a victoria o domingo no Colexio Miralba de Vigo por 22-50. Os rapaces e rapazas de Manolo -na foto- esperaron á segunda metade para dominar por completo ao rival (12-16 no descanso).
Xogaron e anotaron polo Caselas "B" (50): Alex (14), Marta (4), Roi (4), Pablo (0), Paloma (1), Flor (0), Adrián (8), Bruno (16) e Miguel (3). Non xogou Víctor por lesión.

En Infantil Feminino victoria sen paliativos na cancha do Colexio Mariano de Vigo por 14-82 nun partido sen historia onde o Caselas só dispuxo de seis xogadoras.

Os máis pequenos do Benxamín Mixto de Natalia deron a cara en Salceda perante o líder García Barbón, pero perderon finalmente por 16-29.
Publicado por cbcaselas @ 22:36