Lunes, 01 de marzo de 2010

QUERES SER OFICIAL DE MESA DE BALONCESTO ?

A tarefa dos oficiais de mesa ten este sábado, 6 de marzo, en Vigo, unha nova cita con todos os interesados en iniciar a súa formación dentro desta área do baloncesto.
Así, o Comité Vigués de Árbitros celebra nesa xornada, en horario continuo de 9.00 h a 14.00 h, un novo curso de iniciación con esta materia como protagonista. A actividade será de balde para todos os asistentes e estará dirixida por oficiais de mesa de categoría Adecco Ouro.
Posteriormente e para completar o proceso de aprendizaxe, na xornada do día 25 de marzo, ás 20.30 h da tarde, terá lugar un exame de repaso e actualización dos contidos expostos e explicados o día 6.
Participación
Todas as persoas interesadas en formar parte desta iniciativa de carácter formativo poden obter máis información sobre a mesma poñéndose en contacto co Comité Vigués de Árbitros de Baloncesto (Tfno. 626 613 226). O curso celebrarase na sede deste Comité, na Rúa San Francisco, 49- 2ºIzq (na Praza do Berbés).

O DERBI ALEVÍN, ESTE XOVES DÍA 4

O derbi Alevín Mixto entre o Caselas "B" e o "A" suspendido o sábado polo temporal, será este xoves 4 de marzo ás 18:30 horas no Pavillón de Salceda.

O ALEVÍN FEMININO, INVITADO AO TORNEO INTERNACIONAL DE MINIBASQUET CAIXANOVA DE BAIONA

O noso equipo Alevín Feminino ven de ser invitado a este prestixioso Torneo que se celebrará en Baiona o 24 e 25 de abril. Estarán os mellores equipos de Galicia xunto a outros de fóra da comunidade coma o Estudiantes de Madrid, o Ponce de Valladolid ou o Oporto. As rapazas de Carlos Kustrin xogarán unha fase provincial o sábado pola mañá, que decidirá que equipos acceden a fase final do sábado a tarde e domingo.


Publicado por cbcaselas @ 22:57