Viernes, 26 de febrero de 2010

Onte xoves á tarde recibiamos a comunicación de que a Federación Galega de Baloncesto suspende toda a xornada deste fin de semana na nosa Comunidade Autónoma como medida de precaución polo temporal que se anuncia para o sábado. Tampouco adestrarán o domingo en Santiago as Seleccións Galegas de Minibásquet masculinas e femininas, onde estaba convocada Andrea.

Segundo comunicado recibido no clube, a Federación habilita os días 27 e 28 de marzo (sábado e domingo) para recuperar esta xornada. Ademáis os partidos poderán xogarse noutra data que acorden os dous equipos implicados.


Publicado por cbcaselas @ 9:28
Mi?rcoles, 24 de febrero de 2010
O Sábado, destacamos o derbi alevín entre o Caselas A e B, dous equipos amigos fora da pista, pero enfrontados durante 42 minutos.
O Domingo, a xogadora alevín Andrea Vaqueiro terá outro adestramento na capital de Galicia coa Selección Galega de Minibásquet preparatorio para o Campionato de España de autonomías. Moi pronto sabremos a lista definitiva.
Por outro lado, segue a incertidume na Fase de Ascenso Senior, e dependendo do partido que falta entre S.José La Guía e Nigrán, saldrán os cruces definitivos. Estaba previsto empezar a fase este fin de semana, pero se apraza ata que a Federación decida. Informaremos.
- SUSPENDIDA A XORNADA POLO TEMPORAL -

 CATEGORÍA

PARTIDO

LUGAR
DÍA / HORA

HORA
DE SAÍDA

SENIOR
MASCULINO

(Descanso)

INFANTIL
FEMININO

CASELAS -
EMBRUJO CÉLTICO

Pavillón de Salceda
Sábado 27 / 10:30h

ALEVÍN
MIXTO "A"

CASELAS "B" -
CASELAS "A"

Pavillón de Salceda
Sábado 27 / 12:00h

ALEVÍN
MIXTO "B"

CASELAS "B" - 
CASELAS "A"

Pavillón de Salceda
Sábado 27 / 12:00h

BENXAMÍN
MIXTO

APÓSTOL masc -
CASELAS

Colexio Apóstol Santiago (Vigo)
Sábado 27 / 10:00h
9:00

Publicado por cbcaselas @ 22:33
Lunes, 22 de febrero de 2010
C.B.CASELAS (68): Javi (8), Pedro (11), Pablo (3), Rubén Alonso (1), Carlos (2). QUINTETO. David (16), Yanko (21), Rubén Rodríguez (2), Juan Fontán (4).
Parciais: 10-12 / 15-18 / 16-11/ 19-19.  Prórroga: 8-13.
Incidencias: Menos xente da habitual no Pavillón de Deportes de Salceda nesta última xornada da primeira fase de Liga. Menos de medio centenar de afecionados volcados co equipo. A coincidencia con varios actos de peche do entroido, así como as semifinais da Copa del Rey en televisión, restaron afluencia.

Rematou a liga regular con outra xornada de infarto para o Caselas, que tivo en fronte un equipo de xente alta e con experiencia e que souberon xogar mellor os minutos finais da prórroga.
O partido foi igualado e entretido, con moi pequenas diferencias, sobre todo para os visitantes, que chegaron ao descanso con 25-30.
Na segunda metade os de Carlos Kustrin saíron inspirados no lanzamento exterior -3 triplas consecutivas de David, para un total de catro do xogador-. O partido subiu de intensidade e ningún se daba por vencido conscientes da importancia da victoria para asegurar un bó cruce na Fase de Ascenso.
Así entrouse nos minutos finais con pequena desventaxa dos de Salceda. Os dous equipos con bonus e visitas constantes ao tiro libre.
No último ataque dos cuarenta minutos regulamentarios, con 58-60 para os vigueses, balón para o Caselas. Yanko forza un lanzamento a falla de 8 décimas -sí, oito décimas de segundo- con falta clara do defensor do Lunic, que deixa tendido no chan a Yanko. Perante o xesto de dor, que afortunadamente non foi nada, o árbitro principal ordena o cambio. Entra David para xogarse os dous tiros libres do empate, que os convirte ante o delirio do público: 60-60.
Xa na prórroga, de novo moi igualada, o Lunic soubo xogar con máis cabeza os minutos finais. O Caselas, con entrega e gran actitude, tentouno tratando de parar o crono con faltas nos segundos finais que os visitantes aproveitaron cos tiros libres.

OS CRUCES DE ASCENSO, AÍNDA PENDENTES

O desenlace do partido entre S.José La Guía -Airexa Nigrán, fai que a día de hoxe aínda non saibamos os cruces definitivos de ascenso. Sí se saben os oito equipos clasificados, pero no Grupo B, onde está o Caselas, falta por decidir os postos segundo, terceiro e cuarto entre o noso equipo, o Lunic e La Guía.
Tan pronto como o saibamos, informaremos dos cruces de cuartos de final da Fase de Ascenso a División A Zonal, que se xogarán a IDA e VOLTA.
Os catro equipos clasificados do GRUPO A son:
1º Vigo. 2º Ademar Vigo. 3º Tui. 4º Agencia Marítima de Vigo.
Os catro clasificados do GRUPO B son:
1º Puerto de Vigo. 2º, 3º, 4º a decidir entre Caselas, Lunic e S.José La Guía.

CATEGORÍAS BASE

Alevín Mixto A: CASELAS "A" 52 GARCÍA BARBÓN 21
Alevín Mixto B: ANDERSEN 60 CASELAS 31
Benxamín Mixto: CASELAS 35 MARISTAS VIGO "B" 24

Publicado por cbcaselas @ 22:45  | CRONICAS
Mi?rcoles, 17 de febrero de 2010

O equipo Senior xoga o último partido da liga regular perante o C.B.Lunic de Vigo. Xa estamos clasificados para o play off de ascenso, pero necesitamos gañar para quedar segundos de grupo e así cruzarnos na eliminatoria co Tui, terceiro do outro grupo. Difícil pero intentarémolo. Pedimos unha vez máis o apoio do público. Durante o partido, coa rifa do día, faremos o sorteo de lotes de productos.
Nas categorías base, partidazo en Salceda entre o Caselas "A" alevín, que defende o liderato, e o García Barbón de Vigo, outro dos aspirantes.
Esperámosvos!!!

 CATEGORÍA

PARTIDO

LUGAR
DÍA / HORA

HORA
DE SAÍDA

SENIOR
MASCULINO

CASELAS -
LUNIC (VIGO)

Pavillón de Salceda
Sábado 20 / 20:00h

INFANTIL
FEMININO

(Descanso)

ALEVÍN
MIXTO "A"

CASELAS "A" -
GARCÍA BARBÓN

Pavillón de Salceda
Sábado 20 / 11:15h

ALEVÍN
MIXTO "B"

C.ANDERSEN - 
CASELAS "B"

Colexio Andersen (Valladares)
Sábado 20 / 12:15h
11:00

BENXAMÍN
MIXTO

CASELAS -
MARISTAS VIGO "B"

Pavillón de Salceda
Sábado 20 / 12:30h

Publicado por cbcaselas @ 19:16
Martes, 16 de febrero de 2010
A Selección Viguesa de Minibásquet Feminino da nosa xogadora Andrea Vaqueiro, acadou o domingo en Santiago o Campionato Galego Zonal. O combinado vigués venceu pola mañá a Ferrol por 66-14 e perdeu pola tarde coa anfitriona Santiago (que sería a subcampiona) por 54-47. Logo das seis xornadas disputadas nestes meses, Vigo é campión con cinco victorias e unha derrota. Santiago quedou segundo e Lugo terceiro, ambos con igual balance.
Andrea participou activamente no éxito do equipo, contando coa confianza dos seus adestradores. Agora o obxectivo da nosa deportista -difícil pero non imposible- é entrar na lista de 12 xogadoras que representarán a Galicia no Campionato de España de Autonomías a disputar en San Fernando (Cádiz) en Semana Santa. Sorte!!!

Por outro lado, o sábado disputouse o partido de liga Alevín Mixto entre o S.José La Guía e o Caselas "B" de Manolo, con victoria clara dos vigueses por 65-15. Os de Salceda atopáronse cun equipo maior en idade e sobre todo en altura. Como dato curioso, os puntos dos nosos foron acadados todos na segunda metade, onde metemos un interesante parcial de 32-15.

Publicado por cbcaselas @ 21:56
Viernes, 12 de febrero de 2010
Festa a tope estes días en Salceda co gallo do Entroido, un dos máis tradicionais e antigos da zona. Informamos ao público, xogadores/as e familias de varias notas:

>>> Este fin de semana do 13-14 de febreiro non hai liga en ningunha categoría. Aproveitarase para xogar o partido Alevín Mixto S.JOSÉ LA GUÍA - CASELAS "B" (sábado 13 / 12:00 h./ Colexio S.J.La Guía / Saída ás 11 horas).

>>> A nosa xogadora alevín Andrea Vaqueiro xoga coa Selección Viguesa de Minibásquet, a terceira e definitiva concentración do Campionato Galego. Será no Pavillón Municipal de Vite (Santiago de Compostela) o domingo 14. Xogarán ás 12:00 horas con Ferrol e ás 18:00 horas con Santiago. Vigo é líder do campionato, polo que podería proclamarse campión. Sorte a Andrea!!

>>> Os entrenos continúan con normalidade para todas as categorías. O luns de entroido tamén hai entreno. 

>>> As competicións de liga continuarán o fin de semana do 20-21 de febreiro.

DISFRUTADE!!!!

Publicado por cbcaselas @ 18:47
Mi?rcoles, 10 de febrero de 2010

A noso noraboa ao Alevín Mixto "A" do C.B.CASELAS EDM. pola súa excelente campaña. Logo do remate da primeira volta, as rapazas e rapaces de Carlos Kustrin quedaron campións da primeira volta da liga con 8 victorias en 8 partidos. O equipo está formado por xogadoras/es con varios anos na nosa canteira. FELICIDADES!!
Tamén sinalar aos equipos Senior Masculino e Infantil Feminino, segundos clasificados ata o momento nas súas ligas.


Publicado por cbcaselas @ 20:30
Lunes, 08 de febrero de 2010
C.B.CASELAS (51): Javi (11), Pedro (11), Pablo (0), Yanko (19), Rubén Rodríguez (10). QUINTETO. Carlos Núñez (0).
Parciais: 17-10 / 9-21 / 10-9 / 14-11.
Incidencias: Flouxa entrada de público no pavillón do colexio de Panxón, en Nigrán. Con esta victoria e a falla dunha xornada para o remate da primeira fase da liga, o Caselas clasifícase automaticamente para o play off de ascenso a División A.

Xa viñamos dicindo nesta web a grande igualdade que existe este ano na División "B" Senior, e en Nigrán quedou patente. Os marcadores sempre axustados, ningún equipo gaña con relativa claridade e a clasificación apretadísima ata a última xornada, onde se decidirán os outros dous equipos que acompañarán ao Caselas e ao Puerto de Vigo (o outro xa clasificado) no ascenso.
Os nosos tiveron que esperar ata o segundo cuarto para desplegar o mellor xogo e alcanzar a primeira ventaxa que nos colocaba cinco puntos arriba no descanso: 26-31.
A segunda parte foi aínda máis igualada. Aos de Carlos Kustrin costáballe atacar a defensa zonal local e os puntos de Yanko nos mantiñan con curtas ventaxas que se foron administrando ben ata o final. A falla de dous minutos, o base Pedro cunha tripla e unha de dous desatou a euforia. Os de Nigrán respostaron, pero xa non había tempo para máis.

CATEGORÍAS BASE

Infantil Fem: CASELAS 34 ZELTIA CAIXANOVA 65
Alevín Mixto "A": CASELAS "A" 65 DIVINO SALVADOR "B" 14
Alevín Mixto "B": CASELAS "B" 22 DIVINO SALVADOR "A" 57
Benxamín Mixto: SEIS DO NADAL fem 50 CASELAS 26

SENIOR ZONAL DIVISIÓN "B" (Grupo B)

Resultados da penúltima xornada:
Puerto de Vigo 74 Seis Nadal Coia 57
Lunic 84 Sestelo Ponteareas 77
Airexa Nigrán 50 Caselas 51
Descansou: S.José La Guía.

Publicado por cbcaselas @ 23:17  | CRONICAS
Mi?rcoles, 03 de febrero de 2010

 CATEGORÍA

PARTIDO

LUGAR
DÍA / HORA

HORA
DE SAÍDA

SENIOR
MASCULINO

AIREXA NIGRÁN -
CASELAS

Pav. Instituto da Mariña (Panxón)
Sábado 6 / 17:00h

INFANTIL
FEMININO

CASELAS -
ZELTIA CAIXANOVA

Pavillón de Salceda
Sábado 6 / 11:00h

ALEVÍN
MIXTO "A"

CASELAS "A" -
DIVINO SALVADOR "B"

Pavillón de Salceda
Sábado 6 / 12:30h

ALEVÍN
MIXTO "B"

CASELAS "B" - 
DIVINO SALVADOR "A"

Pavillón de Salceda
Sábado 6 / 12:30h

BENXAMÍN
MIXTO

SEIS DO NADAL fem. -
CASELAS

Colexio Seis do Nadal (Coia-Vigo)
Sábado 6 / 10:00h
9:00h

As rapazas do Infantil xóganse o liderato perante o segundo clasificado, o Zeltia Caixanova (equipo do Celta). Será un interesante partido.
Doble enfrontamento Caselas-Divino Salvador de Vigo, cos equipos "A" e "B". Xogarán á vez nas dúas pistas transversais do Pavillón de Salceda.
Aos Senior e aos Benxamíns, tócanlles desprazamentos. Sorte para todos!!!

Publicado por cbcaselas @ 23:10