Viernes, 26 de febrero de 2010

Onte xoves á tarde recibiamos a comunicación de que a Federación Galega de Baloncesto suspende toda a xornada deste fin de semana na nosa Comunidade Autónoma como medida de precaución polo temporal que se anuncia para o sábado. Tampouco adestrarán o domingo en Santiago as Seleccións Galegas de Minibásquet masculinas e femininas, onde estaba convocada Andrea.

Segundo comunicado recibido no clube, a Federación habilita os días 27 e 28 de marzo (sábado e domingo) para recuperar esta xornada. Ademáis os partidos poderán xogarse noutra data que acorden os dous equipos implicados.


Publicado por cbcaselas @ 9:28