Lunes, 22 de febrero de 2010
C.B.CASELAS (68): Javi (8), Pedro (11), Pablo (3), Rubén Alonso (1), Carlos (2). QUINTETO. David (16), Yanko (21), Rubén Rodríguez (2), Juan Fontán (4).
Parciais: 10-12 / 15-18 / 16-11/ 19-19.  Prórroga: 8-13.
Incidencias: Menos xente da habitual no Pavillón de Deportes de Salceda nesta última xornada da primeira fase de Liga. Menos de medio centenar de afecionados volcados co equipo. A coincidencia con varios actos de peche do entroido, así como as semifinais da Copa del Rey en televisión, restaron afluencia.

Rematou a liga regular con outra xornada de infarto para o Caselas, que tivo en fronte un equipo de xente alta e con experiencia e que souberon xogar mellor os minutos finais da prórroga.
O partido foi igualado e entretido, con moi pequenas diferencias, sobre todo para os visitantes, que chegaron ao descanso con 25-30.
Na segunda metade os de Carlos Kustrin saíron inspirados no lanzamento exterior -3 triplas consecutivas de David, para un total de catro do xogador-. O partido subiu de intensidade e ningún se daba por vencido conscientes da importancia da victoria para asegurar un bó cruce na Fase de Ascenso.
Así entrouse nos minutos finais con pequena desventaxa dos de Salceda. Os dous equipos con bonus e visitas constantes ao tiro libre.
No último ataque dos cuarenta minutos regulamentarios, con 58-60 para os vigueses, balón para o Caselas. Yanko forza un lanzamento a falla de 8 décimas -sí, oito décimas de segundo- con falta clara do defensor do Lunic, que deixa tendido no chan a Yanko. Perante o xesto de dor, que afortunadamente non foi nada, o árbitro principal ordena o cambio. Entra David para xogarse os dous tiros libres do empate, que os convirte ante o delirio do público: 60-60.
Xa na prórroga, de novo moi igualada, o Lunic soubo xogar con máis cabeza os minutos finais. O Caselas, con entrega e gran actitude, tentouno tratando de parar o crono con faltas nos segundos finais que os visitantes aproveitaron cos tiros libres.

OS CRUCES DE ASCENSO, AÍNDA PENDENTES

O desenlace do partido entre S.José La Guía -Airexa Nigrán, fai que a día de hoxe aínda non saibamos os cruces definitivos de ascenso. Sí se saben os oito equipos clasificados, pero no Grupo B, onde está o Caselas, falta por decidir os postos segundo, terceiro e cuarto entre o noso equipo, o Lunic e La Guía.
Tan pronto como o saibamos, informaremos dos cruces de cuartos de final da Fase de Ascenso a División A Zonal, que se xogarán a IDA e VOLTA.
Os catro equipos clasificados do GRUPO A son:
1º Vigo. 2º Ademar Vigo. 3º Tui. 4º Agencia Marítima de Vigo.
Os catro clasificados do GRUPO B son:
1º Puerto de Vigo. 2º, 3º, 4º a decidir entre Caselas, Lunic e S.José La Guía.

CATEGORÍAS BASE

Alevín Mixto A: CASELAS "A" 52 GARCÍA BARBÓN 21
Alevín Mixto B: ANDERSEN 60 CASELAS 31
Benxamín Mixto: CASELAS 35 MARISTAS VIGO "B" 24

Publicado por cbcaselas @ 22:45  | CRONICAS