Martes, 16 de febrero de 2010
A Selección Viguesa de Minibásquet Feminino da nosa xogadora Andrea Vaqueiro, acadou o domingo en Santiago o Campionato Galego Zonal. O combinado vigués venceu pola mañá a Ferrol por 66-14 e perdeu pola tarde coa anfitriona Santiago (que sería a subcampiona) por 54-47. Logo das seis xornadas disputadas nestes meses, Vigo é campión con cinco victorias e unha derrota. Santiago quedou segundo e Lugo terceiro, ambos con igual balance.
Andrea participou activamente no éxito do equipo, contando coa confianza dos seus adestradores. Agora o obxectivo da nosa deportista -difícil pero non imposible- é entrar na lista de 12 xogadoras que representarán a Galicia no Campionato de España de Autonomías a disputar en San Fernando (Cádiz) en Semana Santa. Sorte!!!

Por outro lado, o sábado disputouse o partido de liga Alevín Mixto entre o S.José La Guía e o Caselas "B" de Manolo, con victoria clara dos vigueses por 65-15. Os de Salceda atopáronse cun equipo maior en idade e sobre todo en altura. Como dato curioso, os puntos dos nosos foron acadados todos na segunda metade, onde metemos un interesante parcial de 32-15.
Publicado por cbcaselas @ 21:56