Viernes, 12 de febrero de 2010
Festa a tope estes días en Salceda co gallo do Entroido, un dos máis tradicionais e antigos da zona. Informamos ao público, xogadores/as e familias de varias notas:

>>> Este fin de semana do 13-14 de febreiro non hai liga en ningunha categoría. Aproveitarase para xogar o partido Alevín Mixto S.JOSÉ LA GUÍA - CASELAS "B" (sábado 13 / 12:00 h./ Colexio S.J.La Guía / Saída ás 11 horas).

>>> A nosa xogadora alevín Andrea Vaqueiro xoga coa Selección Viguesa de Minibásquet, a terceira e definitiva concentración do Campionato Galego. Será no Pavillón Municipal de Vite (Santiago de Compostela) o domingo 14. Xogarán ás 12:00 horas con Ferrol e ás 18:00 horas con Santiago. Vigo é líder do campionato, polo que podería proclamarse campión. Sorte a Andrea!!

>>> Os entrenos continúan con normalidade para todas as categorías. O luns de entroido tamén hai entreno. 

>>> As competicións de liga continuarán o fin de semana do 20-21 de febreiro.

DISFRUTADE!!!!
Publicado por cbcaselas @ 18:47