Lunes, 08 de febrero de 2010
C.B.CASELAS (51): Javi (11), Pedro (11), Pablo (0), Yanko (19), Rubén Rodríguez (10). QUINTETO. Carlos Núñez (0).
Parciais: 17-10 / 9-21 / 10-9 / 14-11.
Incidencias: Flouxa entrada de público no pavillón do colexio de Panxón, en Nigrán. Con esta victoria e a falla dunha xornada para o remate da primeira fase da liga, o Caselas clasifícase automaticamente para o play off de ascenso a División A.

Xa viñamos dicindo nesta web a grande igualdade que existe este ano na División "B" Senior, e en Nigrán quedou patente. Os marcadores sempre axustados, ningún equipo gaña con relativa claridade e a clasificación apretadísima ata a última xornada, onde se decidirán os outros dous equipos que acompañarán ao Caselas e ao Puerto de Vigo (o outro xa clasificado) no ascenso.
Os nosos tiveron que esperar ata o segundo cuarto para desplegar o mellor xogo e alcanzar a primeira ventaxa que nos colocaba cinco puntos arriba no descanso: 26-31.
A segunda parte foi aínda máis igualada. Aos de Carlos Kustrin costáballe atacar a defensa zonal local e os puntos de Yanko nos mantiñan con curtas ventaxas que se foron administrando ben ata o final. A falla de dous minutos, o base Pedro cunha tripla e unha de dous desatou a euforia. Os de Nigrán respostaron, pero xa non había tempo para máis.

CATEGORÍAS BASE

Infantil Fem: CASELAS 34 ZELTIA CAIXANOVA 65
Alevín Mixto "A": CASELAS "A" 65 DIVINO SALVADOR "B" 14
Alevín Mixto "B": CASELAS "B" 22 DIVINO SALVADOR "A" 57
Benxamín Mixto: SEIS DO NADAL fem 50 CASELAS 26

SENIOR ZONAL DIVISIÓN "B" (Grupo B)

Resultados da penúltima xornada:
Puerto de Vigo 74 Seis Nadal Coia 57
Lunic 84 Sestelo Ponteareas 77
Airexa Nigrán 50 Caselas 51
Descansou: S.José La Guía.

Publicado por cbcaselas @ 23:17  | CRONICAS