Domingo, 31 de enero de 2010
PATROCINADORES:                             COPATROCINADORES:                  


O Senior descansou este fin de semana, pero si xogaron os catro equipos base.
A actividade comezou venres co partido adiantado do Alevín "B" perante o segundo clasificado, María Inmaculada de Vigo, que gañou aos de Manolo por 20-51.
Xa no sábado, houbo pleno de victorias dos tres equipos.
Os "peques" de Natalia do Benxamín venceron nun bonito partido ao Colexio Mariano feminino por 43-19.
A continuación o Infantil Feminino de Carlos, líder da División B Zonal, non tivo rival perante o último clasificado, Angel de la Guarda de Nigrán, 87-9.
En Vigo, partidazo entre dous equipos que aspiran ao título, o noso Alevín "A" de Carlos e o San José La Guía. A victoria do Caselas por 43-50 o anfianza máis no liderato a falta dunha xornada para o remate da primeira volta. 

Publicado por cbcaselas @ 17:58
Mi?rcoles, 27 de enero de 2010

 CATEGORÍA

PARTIDO

LUGAR
DÍA / HORA

HORA
DE SAÍDA

SENIOR
MASCULINO

(Descanso)

INFANTIL
FEMININO

CASELAS -
ANGEL DE LA GUARDA NIGRÁN

Pavillón de Salceda
Sábado 30 / 12:30h

ALEVÍN
MIXTO "A"

S.JOSÉ LA GUÍA -
CASELAS

Colexio S.José La Guía (Vigo)
Sábado 30 / 11:30h
10:15h

ALEVÍN
MIXTO "B"

CASELAS -
MARÍA INMACULADA

Pavillón de Salceda
Venres 29 / 18:30h

BENXAMÍN
MIXTO

CASELAS -
C.MARIANO fem.

Pavillón de Salceda
Sábado 30 / 11:00h

CONCENTRACIÓN DE ANDREA COA SELECCIÓN GALEGA

A nosa xogadora Andrea Vaqueiro foi novamente convocada para un entrenamento da preselección galega de minibásquet este domingo 31 de xaneiro no Colexio Compañía de María de Santiago. Están convocadas 18 xogadoras da nosa comunidade, das que saldrán as doce definitivas para o Campionato de España.

Publicado por cbcaselas @ 21:34
Lunes, 25 de enero de 2010
C.B.CASELAS (55): Pedro (14), Pablo (5), Rubén Alonso (8), Rober (2), Juan (2). QUINTETO. Javi (7), David (5), Rubén Rdguez (12).
Parciais: 22-8 / 13-16 / 11-15 / 14-16.
Incidencias: Pouca xente pero bó ambiente na mañá do domingo no Pavillón de Ponteareas, con varios afecionados a partes iguais por ambos lados. O Caselas tivo as baixas de Yanko, Ricardo e Carlos.

Un incontestable parcial de 22-3 ao inicio do partido favorable aos locais, foi a clave da derrota do Caselas, que salvo neses minutos, xogou un aceptable partido. Lástima que cando os nosos "despertaron do seu sono" a desventaImaxe do partido de ida en Salceda perante Ponteareas.xa eran eses 19 puntos, e nesta categoría tan igualada é case unha xesta remontar.
Os restantes tres periodos foron dominados polo Caselas, que gañou en todos os parciais. Os de Carlos, ben dirixidos polos bases Pedro e Rubén Rodríguez, aplicáronse en defensa e foron recortando pouco a pouco (35-24 ao descanso e 46-39 no terceiro periodo).
Pero o Sestelo, coma no partido de ida, voltou a tirar da experiencia dos seus homes que anotaban con relativa facilidade, principalmente dos pivots, máis altos e físicamente superiores.
No periodo final o Caselas deuno todo. Roubou varios balóns con opcións de contraataque e poido levarse a victoria. Tal vez o baixo porcentaxe no tiro e algún balóns perdidos en momentos claves, nos privaron de rematar.
Na vindeira semana o Caselas descansa.

CATEGORÍAS BASE

Dúas clarísimas victorias e unha clara derrota foi o balance do fin de semana.
Infantil Feminino: C.MARIANO 18 CASELAS 77
Alevín Mixto "A": CASELAS "A" 55 C.MIRALBA 5
Benxamín Mixto: COMPAÑÍA MARÍA masc. 58 CASELAS 8 

Publicado por cbcaselas @ 23:12  | CRONICAS
Mi?rcoles, 20 de enero de 2010

 CATEGORÍA

PARTIDO

LUGAR
DÍA / HORA

HORA
DE SAÍDA

SENIOR
MASCULINO

SESTELO PONTEAREAS -
CASELAS

Pavillón de Ponteareas
Domingo 24 / 12:15h

INFANTIL
FEMININO

COLEXIO MARIANO -
CASELAS

Colexio Mariano (Vigo)
Sábado 23 / 10:00h
9:00h

ALEVÍN
MIXTO "A"

CASELAS -
MIRALBA

Pavillón de Salceda
Sábado 23 / 12:00h

ALEVÍN
MIXTO "B"

(Descanso)

BENXAMÍN
MIXTO

COMPAÑÍA MARÍA masc -
CASELAS

Colexio Comp.María (Vigo)
Sábado 23 / 11:45h
10:30h

Nova xornada con derbi comarcal para o Senior en Ponteareas -e xa van 20 anos de enfrontamentos-. Todos os afecionados que querades.....alí estaremos!!
Os peques como sempre a seguir disfrutando nas canchas.

Publicado por cbcaselas @ 21:19
Lunes, 18 de enero de 2010
C.B.CASELAS (49): Javi (0), Pedro (2), Pablo (9), Yanko (20), Carlos (10). QUINTETO. Rubén Rdguez (0), Juan (8).
Parciais: 11-16 / 3-13 / 6-11 / 18-9.
Incidencias: Tarde de domingo no Pavillón do Colexio Seis do Nadal, en Coia.

Nova alegría do Caselas ao derrotar nunha difícil cancha ao equipo que menos derrotas levaba na liga -solo dúas-.
Os nosos dominaron os tres primeiros cuartos cunha boa defensa que deixou aos vigueses en só 20 puntos (20-40 no terceiro periodo).
No periodo final, con case todo decidido, houbo unha lixeira relaxación con varias triplas locais. Isto non foi obstáculo para levarse unha merecida victoria.
Na vindeira xornada xogamos o derbi comarcal en Ponteareas. Este partido debería xogarse en Salceda, pero na primeira volta foi cambiado de orde.

XORNADA PASADA POR AUGA NAS CATEGORÍAS BASE

Nas categorías base a choiva foi a grande protagonista ata o punto de suspenderse os dous partidos programados.
Tanto o Alevín Mixto B de Manolo, como o Infantil Feminino de Carlos, non poideron xogar os partidos en La Guía e en Balaídos respectivamente, o atoparse molladas e resbaladizas as canchas.
Ao parecer a choiva do sábado fixo estragos en varias competicións, e moitos equipos tiveron que conformarse simplemente coas gañas de xogar.

Publicado por cbcaselas @ 22:41  | CRONICAS

O Campionato Galego de Seleccións Zonais de Minibásquet celebrou onte domingo día 17 en Tui a segunda concentración.
A xogadora do Alevín Mixto A do CB.CASELAS EDM. Andrea Vaqueiro, foi convocada, acadando dous triunfos noutros tantos partidos.
Primeiro a Selección de Vigo derrotou por K.O. a de Arousa por 64-14. Pola tarde medíronse a Ourense, con outra clara victoria por 25-72.
Andrea mostrábase contenta pola experiencia e motivada para seguir loitando.
Con catro partidos disputados, Vigo é líder e único equipo invicto do campionato feminino. Falta por xogar a terceira e última concentración, que se xogará os vindeiros 13 e 14 de febreiro. Vigo terá como rivais a Santiago e Ferrol.
Moita sorte Andrea!!!


Publicado por cbcaselas @ 22:18  | TORNEOS E ACTOS
Mi?rcoles, 13 de enero de 2010

 CATEGORÍA

PARTIDO

LUGAR
DÍA / HORA

HORA
DE SAÍDA

SENIOR
MASCULINO

SEIS DO NADAL -
CASELAS

Colexio Seis do Nadal (Coia)
Domingo 17 / 18:00h

INFANTIL
FEMININO

EMBRUJO CÉLTICO -
CASELAS

Pavillón de Balaídos (Vigo)
Sábado 16 / 16:00h
14:45h

ALEVÍN
MIXTO "A"

(Descanso)

ALEVÍN
MIXTO "B"

S.JOSÉ LA GUÍA -
CASELAS "B"

Colexio S.José La Guía (Vigo)
Sábado 16 / 11:30h
10:15h

BENXAMÍN
MIXTO

(Descanso)


Tamén indicar que o domingo 17 xógase en Tui o Campionato Galego de Seleccións Zonais de Minibásquet (-2ªconcentración- o campionato consta de tres concentracións).
A nosa xogadora Andrea Vaqueiro participará coa selección de Vigo. Os partidos da Selección de Vigo feminina serán no pavillón vello de Tui con estes enfrontamentos:
10:30 horas: VIGO-AROUSA
18:00 horas: VIGO-OURENSE

Publicado por cbcaselas @ 19:45
Lunes, 11 de enero de 2010
C.B.CASELAS (66): Javi (13), Pedro (12), Pablo (9), Rober (1), Carlos (0). QUINTETO. Rubén Alonso (2), Yanko (20), Rubén Rdguez (9).
Parciais: 12-10 / 21-12 / 18-16 / 15-25.
Incidencias: O frío tremendo que facía na noite do sábado no Pavillón de Salceda non foi impedimento para que acudisen máis de medio centenar de animosos afecionados. O aleiro Juan Fontán non poido xogar por unha pequena lesión.

Entretido encontro onde o Caselas levou sempre o mando no marcador con ventaxas de arredor de 10 puntos. Os de Carlos Kustrin xogaron concentrados e con boa actitude. No periodo final os vigueses plantexaron unha forte defensa individual que nos creou algún problema, pero o saber estar dos nosos e o acerto nos momentos clave, nos deu unha merecida victoria que nos permite seguir con opcións de entrar nos catro primeiros que xogarán o play off de ascenso a Zonal División A.

RESULTADOS

Alevín Mixto (amigable):
CASELAS "A" 66 CASELAS "B" 15


Senior Zonal División B:
AIREXA NIGRÁN B 51 PUERTO DE VIGO 61
CASELAS 66 S.JOSÉ LA GUÍA B 63
SESTELO PONTEAREAS 46 SEIS NADAL 51
Descansou: LUNIC

Publicado por cbcaselas @ 23:54  | CRONICAS
Mi?rcoles, 06 de enero de 2010

Primeira xornada do novo ano. Xogarán os Senior (9ª xornada de Liga Zonal) e os Alevíns "A" contra "B" en partido amigable.
As Infantiles comezarán o vindeiro fin de semana. O resto de categorías non xogarán ata o 23-24 xaneiro.
Esperemos comezar con victorias -bueno! no duelo alevín algún equipo do clube perderá seguro!

 CATEGORÍA

PARTIDO

LUGAR
DÍA / HORA

HORA DE SAÍDA

SENIOR
MASCULINO

CASELAS -
S.JOSÉ LA GUÍA "B"

Pavillón de Salceda
Sábado 9 / 20:00h

INFANTIL
FEMININO

(Descanso)

ALEVÍN
MIXTO "A"

CASELAS "A" -
CASELAS "B"

Pavillón de Salceda
Sábado 9 / 18:30h

ALEVÍN
MIXTO "B"

CASELAS "A" -
CASELAS "B"

Pavillón de Salceda
Sábado 9 / 18:30h

BENXAMÍN
MIXTO

(Descanso)


Publicado por cbcaselas @ 17:35
Martes, 05 de enero de 2010
Domingo, 03 de enero de 2010

Estrenouse o ano 2010 cun encontro entre pais e nais que tivo unha moi boa acollida. Os diferentes equipos xogaron dous partidos co resultado de unha victoria e unha derrota para cada un.
Aquí vos quedan unhas imaxes.








Publicado por cbcaselas @ 19:43  | TORNEOS E ACTOS