Lunes, 25 de enero de 2010
C.B.CASELAS (55): Pedro (14), Pablo (5), Rubén Alonso (8), Rober (2), Juan (2). QUINTETO. Javi (7), David (5), Rubén Rdguez (12).
Parciais: 22-8 / 13-16 / 11-15 / 14-16.
Incidencias: Pouca xente pero bó ambiente na mañá do domingo no Pavillón de Ponteareas, con varios afecionados a partes iguais por ambos lados. O Caselas tivo as baixas de Yanko, Ricardo e Carlos.

Un incontestable parcial de 22-3 ao inicio do partido favorable aos locais, foi a clave da derrota do Caselas, que salvo neses minutos, xogou un aceptable partido. Lástima que cando os nosos "despertaron do seu sono" a desventaImaxe do partido de ida en Salceda perante Ponteareas.xa eran eses 19 puntos, e nesta categoría tan igualada é case unha xesta remontar.
Os restantes tres periodos foron dominados polo Caselas, que gañou en todos os parciais. Os de Carlos, ben dirixidos polos bases Pedro e Rubén Rodríguez, aplicáronse en defensa e foron recortando pouco a pouco (35-24 ao descanso e 46-39 no terceiro periodo).
Pero o Sestelo, coma no partido de ida, voltou a tirar da experiencia dos seus homes que anotaban con relativa facilidade, principalmente dos pivots, máis altos e físicamente superiores.
No periodo final o Caselas deuno todo. Roubou varios balóns con opcións de contraataque e poido levarse a victoria. Tal vez o baixo porcentaxe no tiro e algún balóns perdidos en momentos claves, nos privaron de rematar.
Na vindeira semana o Caselas descansa.

CATEGORÍAS BASE

Dúas clarísimas victorias e unha clara derrota foi o balance do fin de semana.
Infantil Feminino: C.MARIANO 18 CASELAS 77
Alevín Mixto "A": CASELAS "A" 55 C.MIRALBA 5
Benxamín Mixto: COMPAÑÍA MARÍA masc. 58 CASELAS 8 

Publicado por cbcaselas @ 23:12  | CRONICAS