Lunes, 18 de enero de 2010
C.B.CASELAS (49): Javi (0), Pedro (2), Pablo (9), Yanko (20), Carlos (10). QUINTETO. Rubén Rdguez (0), Juan (8).
Parciais: 11-16 / 3-13 / 6-11 / 18-9.
Incidencias: Tarde de domingo no Pavillón do Colexio Seis do Nadal, en Coia.

Nova alegría do Caselas ao derrotar nunha difícil cancha ao equipo que menos derrotas levaba na liga -solo dúas-.
Os nosos dominaron os tres primeiros cuartos cunha boa defensa que deixou aos vigueses en só 20 puntos (20-40 no terceiro periodo).
No periodo final, con case todo decidido, houbo unha lixeira relaxación con varias triplas locais. Isto non foi obstáculo para levarse unha merecida victoria.
Na vindeira xornada xogamos o derbi comarcal en Ponteareas. Este partido debería xogarse en Salceda, pero na primeira volta foi cambiado de orde.

XORNADA PASADA POR AUGA NAS CATEGORÍAS BASE

Nas categorías base a choiva foi a grande protagonista ata o punto de suspenderse os dous partidos programados.
Tanto o Alevín Mixto B de Manolo, como o Infantil Feminino de Carlos, non poideron xogar os partidos en La Guía e en Balaídos respectivamente, o atoparse molladas e resbaladizas as canchas.
Ao parecer a choiva do sábado fixo estragos en varias competicións, e moitos equipos tiveron que conformarse simplemente coas gañas de xogar.

Publicado por cbcaselas @ 22:41  | CRONICAS