Lunes, 18 de enero de 2010

O Campionato Galego de Seleccións Zonais de Minibásquet celebrou onte domingo día 17 en Tui a segunda concentración.
A xogadora do Alevín Mixto A do CB.CASELAS EDM. Andrea Vaqueiro, foi convocada, acadando dous triunfos noutros tantos partidos.
Primeiro a Selección de Vigo derrotou por K.O. a de Arousa por 64-14. Pola tarde medíronse a Ourense, con outra clara victoria por 25-72.
Andrea mostrábase contenta pola experiencia e motivada para seguir loitando.
Con catro partidos disputados, Vigo é líder e único equipo invicto do campionato feminino. Falta por xogar a terceira e última concentración, que se xogará os vindeiros 13 e 14 de febreiro. Vigo terá como rivais a Santiago e Ferrol.
Moita sorte Andrea!!!


Publicado por cbcaselas @ 22:18  | TORNEOS E ACTOS