Martes, 29 de diciembre de 2009
Neste fin de semana, os propios xogadores do clube non serán os protagonistas. Tócalle o turno aos seus pais e nais que xogarán un campionato ¿amigable? entre eles en plenas festas navideñas.


Publicado por cbcaselas @ 22:09
Mi?rcoles, 23 de diciembre de 2009

Aquí vos quedan unhas imaxes da festa-merenda de nadal celebrada o luns 21. Os xogadores deste clube foron obsequiados cun calendario e paquetes de golosinas -sí, os grandes tamén- donados por GOLOSINAS GOLOYOLI.
Que pasedes unhas boas festas!!








Publicado por cbcaselas @ 18:24  | TORNEOS E ACTOS
C.B.CASELAS (41): Javi (6), Pablo (4), David (1), Yanko (20), Carlos (2). QUINTETO. Pedro (2), Rubén Alonso (4), Rubén Rguez (2), Juan Fontán (0).
Parciais: 9-15 / 18-6 / 7-8 / 17-12.
Incidencias: Pavillón Universitario do CUVI, en Vigo. Bó ambiente nas bancadas.

O Caselas tentou dende o principio meterse no partido, pero nunca foi capaz de logralo nun encontro de pouca calidade e moitísimos balóns perdidos por parte dos dous conxuntos. Decidiu o acerto no tiro dos locais: 5 triplas por cero os nosos, e maiores porcentaxes de tiros libres e de dous puntos.
Cun primeiro cuarto onde gañabamos 9-15, os vigueses tomaron ventaxa no segundo (27-21) e souberon xogar con esa ventaxa. Aínda así, estivemos todo o tempo con opcións, pero con máis corazón que cabeza.
A Liga Zonal Senior División "B" párase ata despois de Reis. O domingo 10 de xaneiro recibimos en Salceda ao S.José La Guía "B".


ALEVÍN MIXTO "A" E INFANTIL FEMININO REMATAN O ANO INVICTOS


Excelente campaña destes dous equipos entrenados por Carlos Kustrin, que rematan o ano invictos nas súas ligas, sendo os únicos que aínda non perderon. Nesta xornada o Alevín descansou. As Infantiles venceron en Salceda a outro dos favoritos, o Embrujo Céltico (equipo do Celta) por 46-29.
No resto dos equipos, claras derrotas no doble enfrontamento en Vigo con García Barbón do Alevín Mixto "B" (61-17) e do Benxamín Mixto (50-10). 


Publicado por cbcaselas @ 17:46  | CRONICAS
Domingo, 20 de diciembre de 2009
BIGOTIÑOS, A NOSA MASCOTADÍAS DE ENTRENO EN NADAL
A pesar de non haber campionato de liga durante as festas de nadal, sí hai entrenos.  Todos os equipos entrenarán, excepto os días xoves 24 e 31 de decembro.

MERENDA DE NADAL
Como todos os anos, a directiva do C.B.Caselas invitará a todos os nosos xogadores/as a unha merenda. Será no Centro Social A Devesa o vindeiro Luns 21 de decembro nestes horarios:
BENXAMÍN MIXTO E ALEVÍN MIXTO "B"--- Ao rematar os seus entrenos (sobre 18:30h).
ALEVÍN MIXTO "A"--- Ao rematar o seu entreno (sobre 20:00h).
INFANTIL FEMIN.--- Sobre as 20:00 horas co Alevín Mixto "A". Non entrenarán.
SENIOR MASC.--- Sobre as 21:00 horas. Non entrenarán.

LOTERÍA DE NADAL
Xa quedan moi poucos números do que escollemos para o sorteo do 22 de nadal: o 18990, a data da nosa fundación. Podes solicitalo á directiva e xogadores.

QUE SEXA UN GRANDE ANO PARA TODOS OS QUE FORMAMOS ESTE CLUBE !!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

Publicado por cbcaselas @ 23:34
Mi?rcoles, 16 de diciembre de 2009
Derradeira xornada do ano 2009 para os equipos do C.B.Caselas.

 CATEGORÍA

PARTIDO

LUGAR
DÍA / HORA

HORA DE SAÍDA

SENIOR
MASCULINO

PUERTO DE VIGO -
CASELAS

Pavillón do CUVI (Vigo)
Domingo 20 / 18:00h

INFANTIL
FEMININO

CASELAS -
EMBRUJO CÉLTICO

Pavillón de Salceda
Sábado 19 / 10:00h

ALEVÍN
MIXTO "A"

(Descanso)

ALEVÍN
MIXTO "B"

GARCÍA BARBÓN -
CASELAS

Colexio García Barbón (Vigo)
Sábado 19 / 11:00h
9:45h

BENXAMÍN
MIXTO

GARCÍA BARBÓN -
CASELAS

Colexio García Barbón (Vigo)
Sábado 19 / 12:30h
11:00h

Publicado por cbcaselas @ 21:46

A xogadora do Alevín Mixto "A" C.B.Caselas EDM foi convocada para a preselección galega de minibasket na concentración este sábado 19 e domingo 20 de decembro no albergue de Gandarío, en Sada (A Coruña). Sorte Andrea!


Publicado por cbcaselas @ 21:37
Domingo, 13 de diciembre de 2009
2ª XORNADA: S.JOSÉ LA GUÍA "B" 31 CASELAS 54

C.B.CASELAS (54): David (0), Rubén Alonso (10), Yanko (10), Carlos (7), Juan (6). QUINTETO. Javi (5), Pedro (0), Pablo (12), Rober (0), Rubén Rguez (2), Jacobo (2).
Parciais: 5-11 / 8-12 / 11-19 / 7-12.
Incidencias: Partido aplazado da 2ªxornada xogado na noite do xoves no Colexio S.J.La Guía.
Saiu moi concentrado o Caselas disposto a amarrar o encontro, destacando o xogo colectivo de todo o conxunto. Os nosos plantexaron unha defensa zonal que os locais non souberon atacar, e pouco a pouco foron distanciándose (13-23 ao descanso) ata chegar a diferencia final.

7ª XORNADA: LUNIC 83 CASELAS 80

C.B.CASELAS (80): David (12), Rubén Alonso (2), Yanko (24), Carlos (0), Juan (17). QUINTETO. Javi (10), Pablo (4), Rubén Rguez (11).
Parciais: 21-19 / 25-21 / 20-22 / 17-18.
Incidencias: Derradeiro partido da primeira volta de liga xogado no Pavillón de Balaídos. O Caselas tiña a importante baixa do base Pedro.
Moi bó partido entre dous equipos que aspiran a estar na zona alta da táboa e que se decidiu nos minutos finais gracias ao mellor acerto no tiro dos vigueses. Moita igualdade de principio a fin e recital ofensivo de ambos. O Caselas foi por debaixo do marcador pero con curtas diferencias e sempre dando a cara perante un Lunic comandado polo seu nº 8 Vázquez, autor de nada menos que 45 puntos, 33 deles na primeira metade onde defendemos en zona. Ao descanso 46-40.
Na segunda parte continuou o alto ritmo de xogo. Cambiamos a defensa individual, tratando de frenar aos tiradores locais. Como froito, a pouco do final, nos poñemos por diante no electrónico, pero o Lunic estivo máis atinado no tiro (ou o Caselas máis desacertado) para levarse un bonito encontro.

RESULTADOS DA BASE

Infantil Fem: ZELTIA CAIXANOVA 43 CASELAS 56
Alevín "A": ANDERSEN 15 CASELAS "A" 76
Alevín "B": CASELAS "B" 26 DIVINO SALVADOR "B" 31
Benxamín: CASELAS 9 APÓSTOL masc 59

Publicado por cbcaselas @ 18:28  | CRONICAS
Martes, 08 de diciembre de 2009
Doble compromiso para o Senior, que finalmente tamén xogará este xoves en La Guía o partido aprazado da 2ªxornada pola choiva. O sábado, no partido que pecha a primeira volta do campionato, nos enfrontaremos ao Lunic.

 CATEGORÍA

PARTIDO

LUGAR
DÍA / HORA

HORA DE SAÍDA

SENIOR
MASCULINO

S.JOSE LA GUÍA "B" -
CASELAS
---------------------
C.B.LUNIC (VIGO) -
CASELAS

Colexio S.J.La Guía (Teis)
Xoves 10 / 21:00h
---------------------
Pavillón de Balaídos (Vigo)
Sábado 12 / 16:00h

INFANTIL
FEMININO

ZELTIA CAIXANOVA -
CASELAS

Pavillón de Balaídos (Vigo)
Domingo 13 / 12:00h
10:45h

ALEVÍN
MIXTO "A"

C.B.ANDERSEN -
CASELAS

Colexio Andersen (Valadares)
Sábado 12 / 11:00h
9:45h

ALEVÍN
MIXTO "B"

CASELAS -
DIVINO SALVADOR "B"

Pavillón de Salceda
Sábado 12 / 10:00h

BENXAMÍN
MIXTO

CASELAS -
APÓSTOL masc.

Pavillón de Salceda
Sábado 12 / 11:30h

Publicado por cbcaselas @ 13:07
Mi?rcoles, 02 de diciembre de 2009

Fin de semana longo de descanso -5,6,7,8 decembro- para as ligas dos nosos equipos, coincidindo coa ponte da Inmaculada e a Constitución. O luns día 7 non hai entrenos en ningunha categoría o ser un festivo laboral.
O partido senior zonal entre S.José La Guía e Caselas suspendido no seu día pola choiva, xogarase -se non hai novidade- o vindeiro xoves 10 de decembro as 9 da noite en La Guía.


Publicado por cbcaselas @ 23:30

O pasado novembro supuxo un novo record de visitas a www.baloncestocaselas.com dende a creación da web en verán de 2007. En total 2.786 visitas e 620 visitantes únicos, cifras moi boas para un clube pobo modesto coma o noso. Aproveitamos para agradecervos a vosa confianza e interese. Seguiremos informando.


Publicado por cbcaselas @ 23:21