Mi?rcoles, 23 de diciembre de 2009
C.B.CASELAS (41): Javi (6), Pablo (4), David (1), Yanko (20), Carlos (2). QUINTETO. Pedro (2), Rubén Alonso (4), Rubén Rguez (2), Juan Fontán (0).
Parciais: 9-15 / 18-6 / 7-8 / 17-12.
Incidencias: Pavillón Universitario do CUVI, en Vigo. Bó ambiente nas bancadas.

O Caselas tentou dende o principio meterse no partido, pero nunca foi capaz de logralo nun encontro de pouca calidade e moitísimos balóns perdidos por parte dos dous conxuntos. Decidiu o acerto no tiro dos locais: 5 triplas por cero os nosos, e maiores porcentaxes de tiros libres e de dous puntos.
Cun primeiro cuarto onde gañabamos 9-15, os vigueses tomaron ventaxa no segundo (27-21) e souberon xogar con esa ventaxa. Aínda así, estivemos todo o tempo con opcións, pero con máis corazón que cabeza.
A Liga Zonal Senior División "B" párase ata despois de Reis. O domingo 10 de xaneiro recibimos en Salceda ao S.José La Guía "B".


ALEVÍN MIXTO "A" E INFANTIL FEMININO REMATAN O ANO INVICTOS


Excelente campaña destes dous equipos entrenados por Carlos Kustrin, que rematan o ano invictos nas súas ligas, sendo os únicos que aínda non perderon. Nesta xornada o Alevín descansou. As Infantiles venceron en Salceda a outro dos favoritos, o Embrujo Céltico (equipo do Celta) por 46-29.
No resto dos equipos, claras derrotas no doble enfrontamento en Vigo con García Barbón do Alevín Mixto "B" (61-17) e do Benxamín Mixto (50-10). 


Publicado por cbcaselas @ 17:46  | CRONICAS