Lunes, 23 de noviembre de 2009
C.B.CASELAS (67): Javi (13), Pablo (10), Rober (0), Carlos (0), Rubén Rguez.(2). QUINTETO. Pedro (8), David (2), Rubén Alonso (0), Yanko (22), Ricardo (0), Juan (10), Jacobo (0).
Parciais: 7-10 / 22-8 / 12-19 / 26-8.
Incidencias: Sobre 75 afecionados na tarde noite do domingo no Pavillón de Salceda, que estiveron sensacionais cos nosos. O público despediu aos xogadores cunha sonada ovación. Debutaron no Caselas os juniors Jacobo e Ricardo.

Empezou frío o Caselas, cun parcial inicial de 0-9 para o Airexa nos cinco primeiros minutos. Carlos Kustrin tivo que mover rapidamente o banquillo para que surxira a primeira reacción: 7-10 no primeiro cuarto.
No segundo cuarto o Caselas foi a máis. Gran intensidade defensiva e velocidade co canteirán Juan Fontán levando o peso anotador con dúas triplas.
O equipo estaba a xogar moi ben, con boas transicións e sobre todo, confianza nas súas posibilidades. Con 29-18 chegouse ao descanso.
Na reanudación lixeira relaxación gracias ao acerto exterior dos de Nigrán. Pero no derradeiro cuarto o Caselas bordouno. Partindo dunha gran defensa perante os fortes xogadores do Val Miñor, boas transicións e un xogo de equipo que buscou as mellores opcións, os nosos fixeron un parcial de 26-8 que sellaron a victoria. Grandísimo traballo de todo o plantel, empurrados por un público agradecido do que presenciaba. Destacar a actuación do canteirán de 15 anos Pablo Cabaleiro, un rapaz que leva no clube dende benxamín e que se convertiu nun coloso, no só polos puntos, senón pola multitude de rebotes e loita.
Na vindeira xornada hai descanso da liga. É probable que xoguemos en Vigo con La Guía o partido aplazado no seu día pola choiva.

RESULTADOS DA BASE

Infantil Fem: CASELAS 76 C.MARIANO 9
Alevín Mixto A: CASELAS 42 MARÍA INMACULADA 48
Alevín Mixto B: CASELAS 44 C.MIRALBA 30
Benxamín Mixto: CASELAS 22 SEIS DO NADAL COIA 72

Publicado por cbcaselas @ 23:10  | CRONICAS