Lunes, 16 de noviembre de 2009

O alevín "B" Alex avanza perante a oposición de Jose.

O Caselas Alevín Mixto "A" levouse con autoridade o derbi ante os "compañeiros" do "B" por 55-5, na tarde do luns no pavillón de Salceda, con numerosos aficionados e pais na bancada.
Dende un principio os de Carlos impuxeron a súa experiencia, físico e velocidade perante o equipo de Manolo, que a pesar da diferencia, logrou chegar a canasta con frecuencia, aínda que faltos de definición.
Os dous equipos continuarán a liga con obxectivos distintos. Mentres o "A" tentará estar arriba e seguirá aprendendo, o "B" seguirá pasiño a pasiño adquirindo conceptos básicos que os fagan xogadores/as de baloncesto. Polo de agora os dous equipos o están conseguindo.
Moita sorte !!!

RESULTADOS

Además deste partido, non houbo outros dos nosos equipos.
Na Senior Zonal División B, estos resultados:
AIREXA NIGRÁN 53 PONTEAREAS 48
LUNIC 43 SEIS DO NADAL 42
PUERTO DE VIGO 47 LA GUÍA B 52
CASELAS descansou.

Publicado por cbcaselas @ 23:50