Viernes, 13 de noviembre de 2009

Gran derbi nos peques. No partido da 2ª xornada de Liga Zonal Alevín Mixto enfrontaranse o C.B.Caselas EDM "A" de Carlos Kustrin e o "B" de Manolo González. Será o Luns 16 as 18:30 horas no pavillón de Salceda. O equipo A actuará como local.
O Caselas "A" está formado por nenas e nenos de segundo ano (a excepción de Fabiola, que é de primeiro), con máis experiencia e rodaxe que os seus compañeiros. O Caselas "B" ten un plantel de primeiro ano na súa maioría e cun 50% de xogadores que comezaron no baloncesto hai dous meses.
Esperamos contar cun bó número de aficionados nas bancadas apoiando aos rapaces.

PLANTEIS:
C.B.Caselas EDM "A":
Fabiola, Mar, Laura, Andrea, Alicia, Ángela, Iria, Carla, Noelia, Blanca, Carlos, Jose.
C.B.Caselas EDM "B": Paloma, Marta, Flor, Miguel, Pablo, Víctor, Alex, Roi, Adrián, Bruno.

APRAZADOS OS PARTIDOS AO AIRE LIBRE
Segundo comunicación de última hora, tódolos partidos de liga a xogar ao aire libre este fin de semana 14-15 novembro, QUEDAN APRAZADOS por mor dun posible temporal de chuvia e vento. Polo tanto, o Benxamín Mixto non xogará o seu partido no Colexio Mariano, que dispón de cancha descuberta.


Publicado por cbcaselas @ 20:25