| C.B.CASELAS (53): Pablo (3), Yanko (15), Rober (0), Rubén Rguez.(8), Juan (8). QUINTETO. Javi (0), David (0), Rubén Alonso (15), Carlos (4)- |
| Parciais: 22-16 / 17-12 / 10-19 / 4-14. |
| Incidencias: Excelente entrada de público no Pavillón de Deportes de Salceda coincidindo coa presentación de tódolos equipos do clube. Preto de 200 persoas. Estiveron o alcalde de Salceda Marcos Besada, a concelleira de educación Marina Cabaleiro, o patrocinador Carlos Núñez, e a totalidade da directiva do C.B.Caselas. No descanso do partido sorteouse un xamón, donado por Bodeguilla Z-9 de Salceda, un lote de albariño de Val do Cea de Arbo, e un balón de baloncesto de Deportes González de Salceda. |

Calquera equipo pode gañar un partido aínda que se falle nalgunha estadística do xogo, pero é imposible facelo cando non sae nada, nin tan sequera nun periodo. E o Caselas pasoulle isto.
Primeira parte decente, con curtas ventaxas ao noso favor: 22-16 e 39-28 no descanso. O xogo non era de todo brilante, pero o intercambio de canastas favorecía un xogo vistoso.
Na segunda parte o equipo diluiuse por completo. Non saía absolutamente nada, nin pase, nin tiro.... e os de Ponteareas non tardaron en empatar. Lixeira reacción dos de Carlos Kustrin, contestada rapidamente polos da vila do Tea, que aproveitaron o desconcerto total do Caselas para alcanzar a máxima diferencia do partido.
UNHA VICTORIA E DÚAS DERROTAS NA BASE
Comezaron os máis pequenos. Moita ilusión en todos a pesar dos resultados e as plantillas ao completo.
Perderon os dous equipos que xogaban en Salceda. O
Alevín Mixto B de Manolo perdía co Andersen por 29-52. O
Benxamín Mixto de Natalia, axudada por Pablo facía o mesmo perante Compañía María masc. 14-64.
O
Alevín Mixto A de Carlos gañaba a domicilio a García Barbón por 24-38.