Lunes, 09 de noviembre de 2009

Celebrouse o pasado sábado 7 o xa tradicional acto de presentación da familia que compón o Club Baloncesto Caselas e a Escola Deportiva Municipal de Salceda 2009-2010, coincidindo co inicio este mesmo fin de semana de todas as ligas nas que participamos (só queda a Infantil Feminina).
Cerca de 200 persoas -boa entrada se temos en conta que había varios actos nese momento en varios lugares do concello- que aplaudiron un a un a todos os xogadores que foron desfilando pola pista presentados polo noso speaker Suso (gracias por colaborar un ano máis). O equipo Senior Masculino foi recibindo sucesivamente ao resto de equipos: Infantil Feminino, Alevín Mixto "A" e "B", Benxamín Mixto e grupo de iniciación, ¡que ilusión a dos máis pequenos! Todos os xogadores estrenaron camisetas de calentamento para os partidos.
Logo foron presentados os membros da directiva e os patrocinadores (Concello de Salceda e Hermanos Núñez Lorenzo) e copatrocinadores (Joyería Otero e Dynos Infórmatica), así como aquelas persoas case "anónimas" que traballan desinteresadamente.
Asistiron o alcalde de Salceda Marcos Besada, a concelleira de educación Marina Cabaleiro, e o xerente de Hermanos Núñez Lorenzo, Carlos Núñez.
A festa rematou coas fotos de grupo e dos diferentes equipos e o derbi senior entre Caselas e Ponteareas, onde os nosos perderon por 53-61.

Aquí tendes unha pequena reportaxe fotográfica. Poñede o punteiro enriba da foto para ver o título.

Foto familia C.B.CASELAS EDM. 09-10

As categorías base preparadas para a festa
Grupo de Iniciación, o futuro!!
Momento do desfile
Outro momento. Turno para a directiva Chefi.
Os xogadores formando de cara ao público
Moitísimo público no derbi Caselas-Ponteareas


Publicado por cbcaselas @ 22:05  | TORNEOS E ACTOS