Lunes, 02 de noviembre de 2009
C.B.CASELAS (71): Pedro (6), Pablo (3), Yanko (27), Rober (4), Juan (11). QUINTETO. Javi (8), David (0), Rubén Alonso (4), Carlos (2), Rubén Rguez.(6).
Parciais: 21-16 / 22-7 / 7-17 / 21-30.
Incidencias: Moi boa entrada de público no Pavillón de Deportes de Salceda, con preto dun centenar de persoas volcadas cos nosos. Debutaron no Caselas David e Carlos, que non o fixeran na primeira xornada.

Sudou o Caselas para levarse un partido que se lle complicou na segunda parte. O enfrontamento tivo dúas metades ben diferenciadas. Na primeira os nosos dominaron por completo, con boas transicións e fluídez en ataque. Chegouse ao descanso con 43-23.
Na segunda parte o xoven Seis do Nadal nos fixo unha forte presión con defensa ao home, que nos provocou moitas perdas de balón. Pouco a pouco os de Coia foron acercándose no marcador, chegando a empatar a poucos minutos do final. Os dous equipos chegaron cargados de faltas; o dato elocuente: 27 faltas o Seis do Nadal e 34 o Caselas.
No tramo final, xa con Pedro, Roberto e Juan eliminados, e cos dous Rubén e Yanko con catro faltas, os de Carlos Kustrin tiveron o sangue frío para anotar unhas canastas decisivas que colocaron o 71-67 a falla de dous segundos. Unha tripla dende medio campo dos visitantes maquillou o 71-70 final.

Resultados Senior División B-Grupo B:
Airexa Nigrán "B" 64 S.José La Guía "B" 61
Lunic 55 Puerto de Vigo 68
Descansou: Central Eléctrica Sestelo Ponteareas.
Publicado por cbcaselas @ 23:35  | CRONICAS