O partido foi aplazado ao chegar os dous equipos a pista do Colexio S.José de La Guía e atoparse cunha banda do campo encharcada pola enorme cantidade de auga que caiu na tarde do sábado (recordemos que este é un pavillón aberto por un lateral). O árbitro do partido, de acordo cos dous equipos, decidiu aplazar o encontro. Queda pendente para outra data.
Os outros resultados da División B Grupo B foron os seguintes:
PUERTO DE VIGO 60 AIREXA NIGRÁN B 55
SEIS DO NADAL 75 SESTELO PONTEAREAS 27


|
CATEGORÍA |
PARTIDO |
LUGAR |
HORA DE SAÍDA |
|
SENIOR |
S.JOSÉ LA GUÍA "B"- CASELAS |
Colexio S.J.La Guía- Vigo Sábado 24 / 17:00h |
---- |
|
INFANTIL |
Sen comezar liga | ||
|
ALEVÍN |
Sen comezar liga | ||
|
ALEVÍN |
Sen comezar liga | ||
|
BENXAMÍN |
Sen comezar liga |
| C.B.CASELAS (53): Pedro (3), Yanko (24), Rober (0), Rubén Rguez (6), Juan (13). QUINTETO. Javi (3), Pablo (3), Rubén Alonso (1). |
| Parciais: 11-7 / 19-21 / 10-14 / 13-7. |
| Incidencias: Boa entrada de público no debut do Caselas; preto dun centenar de espectadores que animaron incansablemente ao equipo. O equipo estrenou novo equipaxe e novo patrocinador: a empresa de Salceda HERMANOS NÚÑEZ LORENZO S.L. |


Aquí tendes o calendario de liga da SENIOR ZONAL DIVISIÓN "B" GRUPO B (tamén hai grupo A). Debutamos en casa perante o Puerto de Vigo.
Podedes consultar o calendario oficial completo na web na sección COMPETICIÓN>>>>COMPETICIÓN DOS NOSOS EQUIPOS.
Equipos:
C.B.Caselas / C.B.Puerto de Vigo / San José La Guía "B" / Seis do Nadal Coia "B" / Eléctrica Sestelo Ponteareas / Airexa Nigrán "B" / C.B.Lunic (Vigo).
Calendario Caselas:
1ª X / 18-10-09 CASELAS-PUERTO DE VIGO
2ª X / 25-10-09 S.J.LA GUÍA "B"-CASELAS
3ª X / 01-11-09 CASELAS-SEIS DO NADAL
4ª X / 08-11-09 ELECTR.SEST.PONTEAREAS-CASELAS
5ª X / 15-11-09 Descanso
6ª X / 22-11-09 CASELAS-AIREXA "B"
7ª X / 13-12-09 LUNIC-CASELAS
8ª X / 20-12-09 PUERTO DE VIGO-CASELAS
9ª X / 10-01-10 CASELAS-S.J.LA GUÍA "B"
10ª X / 17-01-10 SEIS DO NADAL-CASELAS
11ª X / 24-01-10 CASELAS-ELECTR.SEST.PONTEAREAS
12ª X / 31-01-10 Descanso
13ª X / 07-02-10 AIREXA "B"-CASELAS
14ª X / 21-02-10 CASELAS-LUNIC
Nota: Aínda que aparecen datas de domingo, os partidos poden ser sábado ou domingo.
Sistema de liga:
PRIMEIRA FASE: Todos contra todos a doble volta.
SEGUNDA FASE: Play off de ascenso a División A. Xógana os catro primeiros dos grupos A e B a eliminatoria IDA e VOLTA (cuartos de final, semifinais e final). Ascenden de categoría os dous primeiros.
Logo dunha pretemporada con moitos movementos por parte de xogadores, deuse a coñecer o equipo Senior que representará ao noso clube na Zonal División B, dirixido polo uruguayo Carlos Kustrin, que como sabemos, substitúe no cargo a Jose Luis Pérez.
Tan só 4 xogadores continúan (6 se contamos a Pablo Cabaleiro e Roberto Alvarez, que entrenaron toda a temporada anterior sen ficha). Estes xogadores son:
- Javier Alonso. Aleiro de Salceda que pode xogar incluso de catro.
- Rubén Rodríguez. O base titular da pasada campaña.
- Juan Fontán. Outro xogador de Salceda formado na nosa canteira. Aleiro.
- Yanko González. O noso xogador "extranxeiro" xa está recuperado da lesión. Referente dende o aleiro ou ala pivot.
Son novos no equipo:
- Pablo Cabaleiro. Formado na nosa canteira dende benxamín, será o máis novo da historia en debutar no Caselas -ten 15 anos, cumple 16 en nadal-. Entrenou co senior todo o ano pasado.
- Roberto Alvarez. É o único pivot auténtico do equipo. Tamén entrenou todo o ano pasado.
- Jacobo Curto. Outro canteirán de Salceda da xeración de Pablo. Xoga de aleiro.
- Carlos Núñez. Nacido en Salceda, onde xogou en Benxamín e Cadete. Escolta-ala moi rápido.
- Ricardo Vieitez. Junior de segundo ano que debuta na categoría. Debería ser o outro "cinco" do equipo.
- Rubén Alonso. Veterano procedente do CBO de Vigo. Aleiro.
- David Alvarez. Outro veterano do CBO que actúa de base-escolta.
- Pedro Larrañaga. O terceiro xogador tamén do CBO con moita experiencia na categoría. Base.
A plantilla ten unha clara mezcla de xente moi nova -7 xogadores- e outra veterana -5-. É curioso comprobar como entre os sete máis novos, ningún pasa de 20 anos. Polo contrario os cinco veteranos chegan todos a 30 anos. Houbo unha clara aposta pola xente da canteira entre outros.
O ritmo de entrenos está sendo moi bó, así como o ambiente e compañeirismo.
Destacar e agradecer o gran número de xogadores que se ofreceron para xogar aquí, que nos obrigou a facer varios descartes.
OUTRAS NOVAS.
++ A Liga Senior Zonal División B, comezará o fin de semana do 17-18 de outubro. Estamos pendentes de recibir o calendario. Sí podemos adiantar que hai 15 equipos repartidos en dous grupos de 8 e 7 equipos. O Caselas estará no de sete. Publicaremos o calendario cando nos chegue.
++ O luns 12 de outubro (día do Pilar) hai entreno para o senior de 19:30 a 21 horas. As categorías base non entrenan.
++ Infórmase aos nenos/as das categorías que vaian facendo a matrícula e o pago da cuota na oficina de deportes do pavillón. É importante para facer a ficha para a liga. O clube e as escolas deportivas municipais están a facer un gran esforzo para conseguir as equipacións e outra roupa.
++ Por certo, para os amantes do bó baloncesto, hoxe tendes en televisión o debut dun histórico do baloncesto galego na Liga ACB, o Obradoiro Xacobeo Blu-sens de Santiago. As 20:00 horas en TVE-2 perante o Barcelona.
>> A plantilla do primeiro equipo do C.B.Caselas xa está definida e o entrenador Carlos Kustrin ten a súa disposición 12 xogadores para a liga. Moitas altas e moita xente xoven -ademáis de varios veteranos-. Nos vindeiros días informaremos das altas e baixas, configuración do equipo e calendario e equipos da Liga Senior Zonal División B.
>> Pequeno cambio nos equipos de base. A previsión inicial de sacar un Alevín Feminino e outro Masculino, cambia, debido a que as plantillas quedaban un pouco descompensadas. Sacaremos Alevín Mixto "A" (entrendado por Carlos Kustrin) e Alevín Mixto "B" (entrenado por Manolo). No "A" estarán aquelas nenas/os máis veteranos e con máis coñecementos. No "B" estarán os de primeiro ano ou aqueles que parten de cero nesta temporada. Destacar a grande cantidade de xogadores/as alevíns cos que contamos -preto de 30- todo un récord para un clube modesto coma o noso.
>> Traballo incesante da directiva nestas semanas previas a posta en marcha das competicións: reunións, publicidades, patrocinios, equipaxes, camisetas, lotería, imprenta, etc. Labores altruístas que simplemente queremos que os pais/nais e xogadores sepan recoñecer.
A xogadora alevín do C.B.Caselas EDM. Andrea Vaqueiro, foi chamada novamente a unha concentración da selección galega alevín feminino, que se concentrará no Colexio Compañía de María de Santiago de Compostela este domingo 4 de outubro.
O combinado galego prepara a súa participación no Campionato de España de autonomías.
¡Sorte Andrea!