Viernes, 23 de octubre de 2009


A correduría de seguros HERMANOS NÚÑEZ LORENZO, S.L, con sucursais en Salceda e Salvaterra, é o novo patrocinador oficial do Club Baloncesto Caselas e vestirá ao primeiro equipo, o Senior Masculino, ademáis de aportar camisetas de quecemento para outros equipos de base.
O seu dono, Carlos Núñez, é un home moi vencellado ao deporte no concello, sendo na anterior etapa, concelleiro de deportes e presidente do Caselas de fútbol. Dende o clube lle agradecemos o seu grande traballo e disposición para colaborar co noso proxecto, que continúa crecendo ano a ano.
Publicado por cbcaselas @ 18:41