S?bado, 10 de octubre de 2009

Logo dunha pretemporada con moitos movementos por parte de xogadores, deuse a coñecer o equipo Senior que representará ao noso clube na Zonal División B, dirixido polo uruguayo Carlos Kustrin, que como sabemos, substitúe no cargo a Jose Luis Pérez.
Tan só 4 xogadores continúan (6 se contamos a Pablo Cabaleiro e Roberto Alvarez, que entrenaron toda a temporada anterior sen ficha). Estes xogadores son:
- Javier Alonso. Aleiro de Salceda que pode xogar incluso de catro.
- Rubén Rodríguez. O base titular da pasada campaña.
- Juan Fontán. Outro xogador de Salceda formado na nosa canteira. Aleiro.
- Yanko González. O noso xogador "extranxeiro" xa está recuperado da lesión. Referente dende o aleiro ou ala pivot.

Son novos no equipo:
- Pablo Cabaleiro. Formado na nosa canteira dende benxamín, será o máis novo da historia en debutar no Caselas -ten 15 anos, cumple 16 en nadal-. Entrenou co senior todo o ano pasado.
- Roberto Alvarez. É o único pivot auténtico do equipo. Tamén entrenou todo o ano pasado.
- Jacobo Curto. Outro canteirán de Salceda da xeración de Pablo. Xoga de aleiro.
- Carlos Núñez. Nacido en Salceda, onde xogou en Benxamín e Cadete. Escolta-ala moi rápido.
- Ricardo Vieitez. Junior de segundo ano que debuta na categoría. Debería ser o outro "cinco" do equipo.
- Rubén Alonso. Veterano procedente do CBO de Vigo. Aleiro.
- David Alvarez. Outro veterano do CBO que actúa de base-escolta.
- Pedro Larrañaga. O terceiro xogador tamén do CBO con moita experiencia na categoría. Base.

A plantilla ten unha clara mezcla de xente moi nova -7 xogadores- e outra veterana -5-. É curioso comprobar como entre os sete máis novos, ningún pasa de 20 anos. Polo contrario os cinco veteranos chegan todos a 30 anos. Houbo unha clara aposta pola xente da canteira entre outros.
O ritmo de entrenos está sendo moi bó, así como o ambiente e compañeirismo.
Destacar e agradecer o gran número de xogadores que se ofreceron para xogar aquí, que nos obrigou a facer varios descartes.


OUTRAS NOVAS.

++  A Liga Senior Zonal División B, comezará o fin de semana do 17-18 de outubro. Estamos pendentes de recibir o calendario. Sí podemos adiantar que hai 15 equipos repartidos en dous grupos de 8 e 7 equipos. O Caselas estará no de sete. Publicaremos o calendario cando nos chegue.
++  O luns 12 de outubro (día do Pilar) hai entreno para o senior de 19:30 a 21 horas. As categorías base non entrenan.
++  Infórmase aos nenos/as das categorías que vaian facendo a matrícula e o pago da cuota na oficina de deportes do pavillón. É importante para facer a ficha para a liga. O clube e as escolas deportivas municipais están a facer un gran esforzo para conseguir as equipacións e outra roupa.
++  Por certo, para os amantes do bó baloncesto, hoxe tendes en televisión o debut dun histórico do baloncesto galego na Liga ACB, o Obradoiro Xacobeo Blu-sens de Santiago. As 20:00 horas en TVE-2 perante o Barcelona.


Publicado por cbcaselas @ 13:43