Domingo, 04 de octubre de 2009

BIGOTIÑOS>> A plantilla do primeiro equipo do C.B.Caselas xa está definida e o entrenador Carlos Kustrin ten a súa disposición 12 xogadores para a liga. Moitas altas e moita xente xoven -ademáis de varios veteranos-. Nos vindeiros días informaremos das altas e baixas, configuración do equipo e calendario e equipos da Liga Senior Zonal División B.

>> Pequeno cambio nos equipos de base. A previsión inicial de sacar un Alevín Feminino e outro Masculino, cambia, debido a que as plantillas quedaban un pouco descompensadas. Sacaremos Alevín Mixto "A" (entrendado por Carlos Kustrin) e Alevín Mixto "B" (entrenado por Manolo). No "A" estarán aquelas nenas/os máis veteranos e con máis coñecementos. No "B" estarán os de primeiro ano ou aqueles que parten de cero nesta temporada. Destacar a grande cantidade de xogadores/as alevíns cos que contamos -preto de 30- todo un récord para un clube modesto coma o noso.

>> Traballo incesante da directiva nestas semanas previas a posta en marcha das competicións: reunións, publicidades, patrocinios, equipaxes, camisetas, lotería, imprenta, etc. Labores altruístas que simplemente queremos que os pais/nais e xogadores sepan recoñecer. 


Publicado por cbcaselas @ 22:32