Non se presentaba un bó día de sábado (climatoloxicamente falando), con chuvia durante toda a mañá.
Pola tarde abriu, deixou de chover e luciu o sol, convertíndose a Praza do Concello de Salceda nun marco ideal para que os máis pequenos pasaran unha tarde divertida.
Xogáronse partidos de todos contra todos, con resultados pero sen clasificacións, onde o obxectivo era promocionar o baloncesto en Salceda e disfrutar deste deporte. Contra a noitiña, pechouse o acto cunha gran merenda preparada por un grupo de nais.
A festa contou coa organización do CLUB BALONCESTO CASELAS, a colaboración do CONCELLO DE SALCEDA, PROTECCIÓN CIVIL, e de númerosas persoas voluntarias (directivos, xogadores e entrenadores do clube, pais e nais), sen os cales isto non sería posible.






A selección española clasificouse brilantemente para a Final do Eurobasket de Polonia ao vencer a Grecia por 82-64.
Na outra semifinal, Serbia venceu na prórroga a Eslovenia por 96-92.
A gran final, España - Serbia, domingo 20 as 21:15 horas en La Sexta.
¡Todos con España!

Jose Luis Pérez, entrenador do senior do C.B.Caselas durante os últimos seis anos, deixou o seu cargo onte luns. O motivo foi un contratempo persoal axeno a él e ao clube, que facía difícil a súa continuidade, e que foi entendido e respetado pola directiva.
Neste tempo pasaron distintas xeracións do noso baloncesto, dende equipos moi novos a outros veteranos e con distintas aspiracións que deixaron a súa pegada con varios títulos. Tamén pasou pola sección femenina do clube, alcanzando un subcampeonato de liga coas cadetes e a participación na Copa Galicia.
Dende a directiva do C.B.Caselas agradecemos a súa adicación e profesionalidade e desexámoslle o mellor cara o futuro.
SUBSTITUTO
Xa se traballa intensamente na busca dun substituto, labor moi difícil debido a que estamos en inicio de temporada e xa hai moitos entrenadores comprometidos. Esperamos pechar esa busca en breve.
Por outro lado, a xovencísima plantilla senior continúa entrenándose pola súa conta.

ESTAS ENTIDADES, COMERCIOS E EMPRESAS, FAN POSIBLE QUE HAXA BALONCESTO EN SALCEDA.
A TODAS ELAS O NOSO AGRADECEMENTO PÚBLICO.
PATROCINADORES:

COPATROCINADORES:

PUBLICIDADES:
ALIPROX SUPERMERCADOS
ARANEA VETERINARIA
ARCO IRIS
AUTOESCUELA CASELAS
A CALUSTRA: RESTAURANTE-TAPERÍA
BODEGAS ROBALIÑO S.L.
BODEGUILLA Z-9
CARPINTERÍA ALUMINIO TEYPE
CATRO RODAS
CENTRO FISIOTERAPIA JUAN M.RODRÍGUEZ
CRISTALERÍA BISEL
DENTAL SALCEDA
DEPORTES GONZÁLEZ
FONTÁN Y BARROS INSTALACIONES
HERA & CONSTRUC STYLE
KINGS SCHOOL OF ENGLISH
MAELGGIO COCIÑAS
MASS DESCANSO
OPTIMIL
PANADERÍA PEDRAMOURA
PANADERÍA SALCEDA
PARAFARMACIA ROSARIO CALZADO
PELUQUERÍA SONIA GROBA
PIZZERÍA D`CAMILO
TALLERES LEMOS
VIVIENDAS CASELAS


Un ano máis, e xa van uns poucos, o CENTRO DE FISIOTERAPIA JUAN M. RODRÍGUEZ atenderá a tódolos xogadores/as do noso clube que o precisen por só 5 euros por sesión e un parte que lle facilitaremos a cada xogador.
Dende o clube, agradecemos a este establecemento comprometido co baloncesto de Salceda.
Durante o verán quedou constituída a nova directiva do CLUB BALONCESTO CASELAS, que conta coas novidades de tres mulleres: Josefa Farrapeira, Mª Victoria Sestelo e Montserrat Vaqueiro. Substitúen a Jesús Vaqueiro "Suso" e a Ana Mª Martínez, aos cales hai que agradecer o seu enorme traballo e adicación co clube.
Continúan a vocal Natalia López, o tesoureiro Luis González, o secretario Manuel Domínguez, e o presidente Manuel González.
XUNTA DIRECTIVA CLUB BALONCESTO CASELAS
Presidente: Manuel González Rodríguez.
Secretario: Manuel Domínguez Sanjuán.
Tesoureiro: Luis González Lemos.
Vocais: Natalia López García.
Josefa Farrapeira Vaqueiro.
Mª Victoria Sestelo Souto.
Montserrat Vaqueiro Romero.

Coa base do ano pasado, os senior do C.B.Caselas comezaron onte luns 31 os entrenamentos.
Coa plantilla sen completar, a idea é que participe o maior número de xogadores posibles para logo realizar as fichaxes que se consideren.
Nun principio, continúan sete xogadores: Rubén, David, Juan, Iago, Javi, Yanko, Víctor. Hai que unir tamén ao canteirán Pablo Cabaleiro, que aínda sendo junior, incorporarase ao primeiro equipo.
Arriba, Jacobo, outro canteirán a proba, sale na persecución de Javi.
Abaixo, Yanko, Jacobo e Víctor recuperan forzas. 