Lunes, 21 de septiembre de 2009

Non se presentaba un bó día de sábado (climatoloxicamente falando), con chuvia durante toda a mañá.
Pola tarde abriu, deixou de chover e luciu o sol, convertíndose a Praza do Concello de Salceda nun marco ideal para que os máis pequenos pasaran unha tarde divertida.
Xogáronse partidos de todos contra todos, con resultados pero sen clasificacións, onde o obxectivo era promocionar o baloncesto en Salceda e disfrutar deste deporte. Contra a noitiña, pechouse o acto cunha gran merenda preparada por un grupo de nais.
A festa contou coa organización do CLUB BALONCESTO CASELAS, a colaboración do CONCELLO DE SALCEDA, PROTECCIÓN CIVIL, e de númerosas persoas voluntarias (directivos, xogadores e entrenadores do clube, pais e nais), sen os cales isto non sería posible.













Publicado por cbcaselas @ 23:21  | TORNEOS E ACTOS