Martes, 15 de septiembre de 2009

Jose Luis Pérez, entrenador do senior do C.B.Caselas durante os últimos seis anos, deixou o seu cargo onte luns. O motivo foi un contratempo persoal axeno a él e ao clube, que facía difícil a súa continuidade, e que foi entendido e respetado pola directiva.
Neste tempo pasaron distintas xeracións do noso baloncesto, dende equipos moi novos a outros veteranos e con distintas aspiracións que deixaron a súa pegada con varios títulos. Tamén pasou pola sección femenina do clube, alcanzando un subcampeonato de liga coas cadetes e a participación na Copa Galicia.
Dende a directiva do C.B.Caselas agradecemos a súa adicación e profesionalidade e desexámoslle o mellor cara o futuro.

SUBSTITUTO
Xa se traballa intensamente na busca dun substituto, labor moi difícil debido a que estamos en inicio de temporada e xa hai moitos entrenadores comprometidos. Esperamos pechar esa busca en breve.
Por outro lado, a xovencísima plantilla senior continúa entrenándose pola súa conta.


Publicado por cbcaselas @ 18:55