| HORARIOS ENTRENAMENTOS 09-10 Pavillón de Deportes de Salceda |
||
| Equipo | Horario | Inicio |
| SENIOR MASCULINO | Luns e Xoves 21:30 a 23:00 |
Luns 31 Agosto ás 21:30 |
| INFANTIL FEMININO | Luns e Xoves 20:00 a 21:15 |
Luns 7 Setembr ás 18:15 |
| ALEVÍN FEMININO | Luns e Xoves 18:15 a 20:00 |
Luns 7 Setembr ás 16:30 |
| ALEVÍN MIXTO (OU MASCULINO) | Luns e Xoves 16:30 a 18:15 |
Luns 7 Setembro ás 16:30 |
| BENXAMÍN MIXTO | Luns e Xoves 16:30 a 18:15 |
Luns 7 Setembro ás 16:30 |
Nota: O Alevín Feminino e o Alevín Mixto, o primeiro día entrenarán todos xuntos ás 16:30 horas.
Pasádevos a voz entre todos para enterarse dos horarios.
O Club Baloncesto Caselas e as Escolas Deportivas Municipais de Baloncesto xa teñen completo o cadro de entrenadores para a temporada 2009-2010, logo dun intenso traballo.
O veterano entrenador uruguayo Carlos Kustrin é a principal e única novidade. Leva preto de 30 anos como entrenador en equipos uruguayos de practicamente tódalas categorías. Dende que se instalou en Galicia hai uns anos, estivo enrolado no Basket Cañiza, entrenando o ano pasado ao seu equipo Junior Masculino.
Carlos terá ao seu cargo os equipos Infantil e Alevín Femininos do noso clube.
Dende a Directiva, agradecémoslle a confianza e dámoslle a benvida nesta nova etapa.
O resto de entrenadores, continúan da campaña pasada. Prodúcese o cambio de Manolo, que pasa do Infantil Feminino ao Alevín Mixto (ou masculino se houbese nenos suficientes). A todos eles, agradecémoslle tamén a confianza depositada en nós.
| ENTRENADORES 2009-2010 | |
| Senior Masculino | Jose Luis Pérez |
| Infantil Feminino | Carlos Kustrin |
| Alevín Feminino | Carlos Kustrin |
| Alevín Mixto (ou masculino) | Manuel González |
| Benxamín Mixto | Rubén Rodríguez Natalia López |
A temporada 2009-2010 chama ás portas. Dende a directiva do C.B.Caselas -que se reunirá principios de semana- xa estamos perfilando distintos aspectos, dos que informaremos puntualmente nos vindeiros días.
PREVISIÓN DE EQUIPOS
Está previsto, se non hai novidade, sacar 5 equipos nas ligas federadas da Delegación Viguesa de Baloncesto:
- SENIOR MASCULINO
- INFANTIL FEMININO
- ALEVÍN FEMININO
- ALEVÍN MIXTO (OU MASCULINO)
- BENXAMÍN MIXTO
INICIO DE ENTRENAMENTOS
Podemos adiantar que o Senior Masculino -que xogará en 2ª División Zonal- comeza os entrenamentos o Luns 31 de Agosto ás 21:30 horas no Pavillón de Deportes de Salceda. Os días seguen a ser o Luns e Xoves de 21:30 a 23:00 horas. O entrenador será José Luis Pérez, que cumple a súa séptima campaña ao mando do primeiro equipo.
En canto ás categorías base, comezarán a inicios de setembro. Informaremos dos horarios nestes días.