O Club Baloncesto Caselas e as Escolas Deportivas Municipais de Baloncesto xa teñen completo o cadro de entrenadores para a temporada 2009-2010, logo dun intenso traballo.
O veterano entrenador uruguayo Carlos Kustrin é a principal e única novidade. Leva preto de 30 anos como entrenador en equipos uruguayos de practicamente tódalas categorías. Dende que se instalou en Galicia hai uns anos, estivo enrolado no Basket Cañiza, entrenando o ano pasado ao seu equipo Junior Masculino.
Carlos terá ao seu cargo os equipos Infantil e Alevín Femininos do noso clube.
Dende a Directiva, agradecémoslle a confianza e dámoslle a benvida nesta nova etapa.
O resto de entrenadores, continúan da campaña pasada. Prodúcese o cambio de Manolo, que pasa do Infantil Feminino ao Alevín Mixto (ou masculino se houbese nenos suficientes). A todos eles, agradecémoslle tamén a confianza depositada en nós.
| ENTRENADORES 2009-2010 | |
| Senior Masculino | Jose Luis Pérez |
| Infantil Feminino | Carlos Kustrin |
| Alevín Feminino | Carlos Kustrin |
| Alevín Mixto (ou masculino) | Manuel González |
| Benxamín Mixto | Rubén Rodríguez Natalia López |