Este é o listado das 16 xogadoras que forman a Preselección Galega Alevín Feminino, onde está a nosa xogadora Andrea. Concentraránse no Centro Galego de Tecnificación Deportiva en Pontevedra do 20 ao 24 de xullo.
| Laura Cuenca | A.D.Valle Inclán |
| Diana Blanca | Básquet Coruña |
| Paula Ginzo | Salesianos |
| Cristina Pereira | Club Probase |
| Sarai Carro | C.B.Pontumio |
| Blanca Millán | Peleteiro |
| Berta Somoza | La Salle |
| Sara Garrido | C.B.Pío XII |
| Sara Carreira | C.B.Cluny |
| Antía Sanmarco | C.B.Río Ulla Pontecesures |
| Judith Ferreiros | Cidade de Lugo |
| Raquel González | C.B.Baiona |
| Paloma González | Apóstol Santiago |
| Andrea Vaqueiro | C.B.Caselas EDM. |
| Lucía Pérez | PBB.Porriño |
| Candela Hermida | C.B.Andersen |
| ENTRENADORA | Mariña Penedo |
| DELEGADO | Héctor Méndez |
Xa o comprobades nada máis entrar. Dende hoxe mércores 8 de xullo a web de información do baloncesto en Salceda ten un lavado de cara. A estructura e os contidos seguen a ser os mesmos, a excepción de que abrimos unha nova sección no "Menú Principal" que se chama "Torneos e Actos". Ahí irán as reportaxes de tódolos acontecementos e torneos onde participemos, que son bastantes.
Tamén sinalar que podedes voltar a páxina de inicio da web, picando sempre no título "WEB OFICIAL DO CLUB BALONCESTO CASELAS".
Esperemos que vos guste e sigades visitándonos como o estades facendo.
A nosa xogadora Andrea Vaqueiro (nacida en 1998) foi preseleccionada polo combinado galego alevín que se concentrará en Pontevedra do 20 ao 24 do presente mes de xullo. Esta convocatoria supón a culminación do bó traballo do equipo Alevín do C.B.Caselas EDM. en xeral, e de Andrea en particular, que xa tivo unha destacada actuación no recente campionato galego de seleccións zonais. Noraboa!!!
Na foto do recente torneo de Monçao, Andrea é a terceira.