Martes, 30 de junio de 2009

Os nosos Alevíns Feminino e Mixto acudiron cheos de ilusión a unha cita que xa é habitual no Caselas dende hai anos. En Monçao enfrontáronse a varios equipos de Portugal e a un equipo catalán, Unió Cerdanyola, o que supuxo o primeiro partido da historia de tódalas categorías do clube perante un conxunto de esa comunidade autónoma.
Foi un fin de semana intenso onde a convivencia e o compañeirismo tiveron un lugar destacado. Agradecer aos organizadores de Monçao Basket o seu gran traballo e aos moitísimos familiares de Salceda, que como ven sendo habitual, volcáronse cos [email protected]

As alevíns Alicia, Iria, Andrea e Laura no banquillo

Adrián pasa a Jose no alevín mixto perante Monçao feminino

Jose lanza un tiro libre no partido con Monçao feminino

Os cataláns do Cerdanyola non deron opción a un voluntarioso Caselas

As xogadoras reservas obsevan un momento do Caselas - Ponte de Lima, un bonito partido con gran entrega por parte de todas


Publicado por cbcaselas @ 0:12  | TORNEOS E ACTOS
Viernes, 26 de junio de 2009

Os equipos do C.B.Caselas EDM. Alevín Feminino e Alevín Mixto estarán este sábado 27 e domingo 28 de xuño no tradicional torneo que organiza o Monçao Basket. Adxuntamos o calendario e horarios. Que o disfrutedes!

HORARIOS DE SAÍDA (horarios españoles):
Sábado: Estar en Monçao entre 9:45 e 10:00 horas.
Domingo: Estar en Monçao as 10:30 horas.

OUTRA INFORMACIÓN:
O sábado xogamos de mañá e tarde; e o domingo só de mañá.
A organización pon o xantar. O domingo poden quedar a xantar os xogadores que desexen (avisar a cada entrenador).

CALENDARIO (horarios españoles):

Día ALEVÍN FEMININO ALEVÍN MIXTO
Sábado 27 10:30h MONÇAO FEM - CASELAS
11:30h ESC.LIMIANA MASC - CASELAS 11:30h CASELAS - ADL MASC
12:30h MONÇAO FEM - CASELAS
15:30h MONÇAO MASC - CASELAS
16:30h UNIÓ CERDANYOLA - CASELAS
Domingo 28 11:15h OLIVAIS COIMBRA MASC - CASELAS
12:00h CASELAS MIXTO - CASELAS FEM
12:45h ESC.LIMIANA FEM - CASELAS


Publicado por cbcaselas @ 19:04  | TORNEOS E ACTOS
Domingo, 21 de junio de 2009
SENIOR MASCULINO.
Zonal División A:  Último posto de 10 equipos (2v./18d.)
Copa D.V.B:  Eliminados na primeira fase (1v./2d.)
Equipo xovencísimo nunha categoría de grandes veteranos. Varios xogadores era a primeira vez que xogaban en senior. Loitaron e deron a cara en cada partido. Moitas lesións ao longo da campaña. No play off de permanencia consumaron o descenso a 2ªDivisión Zonal na eliminatoria co Mos.

INFANTIL MASCULINO.
Torneo Apertura:  8º posto de 10 equipos (2v./7d.)
Zonal División B:  8º posto de 10 equipos (4V./7d.)
Non tiveron o seu ano. Pouco xogo e moitas derrotas.

INFANTIL FEMININO.
Torneo Apertura:  5º posto de 9 equipos (4v./4d.)
Zonal División B:  6º posto de 8 equipos (6v./8d.)
Boa tempada deste grupo de xogadoras de primeiro ano. A pesar de ter altibaixos, lograron victorias importantes

ALEVÍN MIXTO.
Zonal:  5º posto de 9 equipos (8v./8d.)
Os que mellor tempada fixeron. Traballo e ilusión neste grupo de primeiro ano. Só lles faltou clasificarse para a fase final de Liga, onde quedaron ás portas o quedaren quintos (empatados co 4º e co 3º).

BENXAMÍN MIXTO.
Zonal Grupo B:  5º posto de 8 equipos (5v./9d.)
Postos 13 a 18:  18º posto de 25 equipos (0v./5d.)
Os peques disfrutaron e aprenderon cos partidos sen maior presión.


Publicado por cbcaselas @ 0:13
Martes, 16 de junio de 2009
A xogadora do C.B.Caselas EDM. Andrea Vaqueiro, pertencente ao equipo Alevín Mixto entrenado por Carlos, foi seleccionada para disputar o Campionato Galego de Minibásquet de seleccións zonais representando a Vigo. Dito campionato celebrouse en Coruña o sábado 13 de xuño e tivo unha clara cor viguesa, que derrotou a Lugo por 51-21 e a Coruña por 59-32. 
Andrea tivo unha destacada actuación, adaptándose enseguida á competición e ás compañeiras. No primeiro partido anotou 12 puntos e no segundo 16. Dende esta páxina felicitamos a Andrea polo seu traballo para chegar ata aquí.

Na foto do Caselas aparece segunda na fila de arriba a dereita da imaxe.

Publicado por cbcaselas @ 23:34
Domingo, 14 de junio de 2009

Caselas - Monçao alevín mixto
Celebráronse no Pavillón de Salceda os partidos de fin de tempada coa presencia dos nosos amigos do país veciño de Monçao Basket. Ao longo de toda a tarde as distintas categorías base mostraron as súas habilidades e aprendizaxes adquiridos. Na xornada estiveron no pavillón moitos pais, nais e familiares, os entrenadores de base, a directiva e o alcalde de Salceda Marcos Besada entre outros.

Os equipos do C.B.Caselas EDM. que xogaron con Monçao foron o ALEVÍN MIXTO (que perdeu por 41-63) e o INFANTIL MASCULINO (derrota clara por 32-79). O BENXAMÍN MIXTO xogaron entre eles (gran duelo entre "Pumas Grises" e "Gatos Blancos"). O INFANTIL FEMININO enfrontouse por último aos compañeiros masculinos, que acababan de xogar con Monçao e acusaron o cansancio.

Agradecer a todas as persoas que sacrificando o seu tempo colaboraron con esta festa dos pequenos, especialmente ao grupo de pais/nais que se encargaron de preparar a merenda para todos os asistentes.

Con este acto, rematan os entrenamentos e a tempada 2008-2009, aínda que os Alevíns teñen un torneo a fin de mes que informaremos.
C.B.Caselas Alevín Mixto

Monçao Basket alevín feminino

Os benxamíns enfrontáronse nun bonito duelo

"Pumas Grises"-"Gatos Blancos" unidos

Toda una familia colaborando con el baloncesto en Salceda


Publicado por cbcaselas @ 18:51
Mi?rcoles, 10 de junio de 2009
Martes, 09 de junio de 2009

Os Benxamíns, de Natalia e Rubén, e os Alevíns, de Carlos, estiveron en Santiago no Torneo de "El Correo Gallego".
Pasaron un gran día con xogos, concursos, partidos, compartindo con outros nenos e nenas vidos de toda Galicia.
Os resultados, que tal vez era o de menos, foron os seguintes:

BENXAMÍN MIXTO:
S.Pelayo (Santiago) 33 Caselas 22
Caselas 26 La Salle (Santiago) 25
ALEVÍN MIXTO:
Caselas 32 Ludy Recimil (Ferrol) 58
Caselas 45 Jaime Balmes "A"(Noia) 56

Agradecer a organización o excelente trato e atención recibidos, aos numerosos pais desprazados polo seu apoio, e aos entrenadores polo seu traballo.
Aquí vos quedan as imaxes (picade enriba para ler o titular):
Chegada da expedición a Santiago a primeira hora da mañá

Os Alevíns sentados no pavillón a espera do primeiro partido

Primeiro partido do Alevín Mixto: o balón non quere entrar

Debut dos pequechos perante S.Pelayo. Ilusión a moreas

As actividades paralelas centraron a atención nos ratos libres. Había que acadar puntos para canxear por regalos !!!

Outra imaxe dos pequechos no primeiro partido

Natalia e Rubén sempre atentos cos seus. Hora de xantar!!! Todos á mesa!!!

O Alevín Mixto de Carlos no partido con Noia, nun bonito e disputado encontro

Rubén dá instruccións aos Benxamíns na victoria dos nosos perante La Salle


Publicado por cbcaselas @ 22:33  | TORNEOS E ACTOS
Jueves, 04 de junio de 2009

Remataron o pasado fin de semana tódalas competicións de liga e copa para os equipos do C.B.Caselas EDM.
Agora é momento de torneos e actos ata que deixemos de entrenar a mediados de xuño.
O sábado 6 de xuño o BENXAMÍN e ALEVÍN MIXTOS, participarán en Santiago (Multiusos Fontes do Sar) no Torneo de Minibásquet organizado por "El Correo Gallego".
Sairase en autobús as 8 da mañá dende o pavillón de Salceda, con regreso ao mesmo lugar sobre as 9 da noite.

Os partidos e horarios son:
BENXAMÍN MIXTO: 
12:30 h:  S.PELAYO (SANTIAGO) - CASELAS
18:30 h:  CASELAS - LA SALLE (SANTIAGO)
ALEVÍN MIXTO:
11:45 h:  CASELAS - LUDY RECIMIL (FERROL)
17:00 h:  CASELAS - JAIME BALMES "A" (NOIA)

Por outro lado, hoxe xoves 4 as 9:30 da noite, partidiño amigable entre o senior do C.B.Caselas e a directiva e entrenadores.


Publicado por cbcaselas @ 14:53  | TORNEOS E ACTOS
Martes, 02 de junio de 2009

C.B.CASELAS 59  S.JOSÉ LA GUÍA "B" 55

C.B.Caselas (59): 
Javi (14), David (16), Mili (0), Iago (5), Víctor (6), Rubén (11) e Juan (7).
Incidencias:  Última xornada de copa nun partido de trámite onde ningún dos dous equipos se xogaba o pase a semifinais. Sobre medio centenar de afecionados na tarde de domingo no Pavillón de Salceda, que despediron ao Caselas cunha ovación.

Partido entretido aínda que de non moita calidade. Os de Jose Luis levaron o mando no electrónico dende o principio (ventaxas que rondaron os dez puntos) ata a falla de menos dun minuto para o final, onde os vigueses acadan un 53-54. Pero os nosos a base de defensa e maior acerto dende o tiro libre (primeiro un de Víctor e logo dous de David), demostraron máis veteranía para levarse un resultado sufrido pero xusto. Destacar o aceptable acerto no tiro.
Con este partido, o primeiro equipo do C.B.Caselas despide a tempada.

OUTROS RESULTADOS

Infantil Fem:  C.MARIANO 59 CASELAS 35

Semifinais ida Copa DVB Senior: 
PORRIÑO 63 BAIONA 66  // OH!VIGO 69 URECA NIGRÁN 64

Final Ascenso Autonómica Senior:
Ida: KEN SHOP (VIGO) 80 SANT YAGO (CORUÑA) 80
Volta: SANT YAGO 72 KEN SHOP 80
O campión de Liga Zonal Senior de Vigo, o Ken Shop, queda así campión galego zonal.


Publicado por cbcaselas @ 1:27  | CRONICAS

Listado dos premiados no Sorteo de agradecemento aos socios ano 2009. Os premios serán entregados directamente a cada persoa. A Directiva do C.B.Caselas quere agradecer a colaboración de todos.

- Un xamón (BODEGUILLA Z-9)
nº024: Juan José Rodríguez Estévez

- Un lote albariño (VAL DO CEA DE ARBO)
nº432: Vimalim

- Un agasallo sorpresa (SANFER EXPERT)
nº367: Anduriña calzados

- Vales desconto (8) (DEPORTES GONZÁLEZ)
nº062: Demetrio Pereira Alonso
nº338: Ludoteca Parrulos
nº250: Anibal Souto Bargiela
nº404: Aliprox Salceda
nº450: Buenas Noches
nº192: Estefanía Iglesias Vaqueiro
nº274: Cafetería Altamira
nº402: Bar Caselas


Publicado por cbcaselas @ 0:59

Os rapaces das categorías base e os seus familiares participaron nunha excelente festa no Borralliño, en Soutelo, que se caracterizou ante todo, pola convivencia e bó ambiente das máis de cen persoas. Felicitar ao grupo de pais/nais que fixeron o churrasco e chourizos e organizaron a festa.
Aquí tendes as imaxes (poñede o rato enriba para ver o comentario):


Nas mesas non faltou de nada

Moita xente se apuntou a colaborar

A nosa directiva Ana con seu marido e outros pais

O noso entrenador Rubén comparte mantel con dúas nais

Houbo regalos para todos

A concelleira de Cultura e Deporte Tere, charlando co directivo Luis

Juan Dauzón, o principal impulsor da xuntaza


Publicado por cbcaselas @ 0:43  | TORNEOS E ACTOS