Martes, 30 de junio de 2009

Os nosos Alevíns Feminino e Mixto acudiron cheos de ilusión a unha cita que xa é habitual no Caselas dende hai anos. En Monçao enfrontáronse a varios equipos de Portugal e a un equipo catalán, Unió Cerdanyola, o que supuxo o primeiro partido da historia de tódalas categorías do clube perante un conxunto de esa comunidade autónoma.
Foi un fin de semana intenso onde a convivencia e o compañeirismo tiveron un lugar destacado. Agradecer aos organizadores de Monçao Basket o seu gran traballo e aos moitísimos familiares de Salceda, que como ven sendo habitual, volcáronse cos [email protected]

As alevíns Alicia, Iria, Andrea e Laura no banquillo

Adrián pasa a Jose no alevín mixto perante Monçao feminino

Jose lanza un tiro libre no partido con Monçao feminino

Os cataláns do Cerdanyola non deron opción a un voluntarioso Caselas

As xogadoras reservas obsevan un momento do Caselas - Ponte de Lima, un bonito partido con gran entrega por parte de todas


Publicado por cbcaselas @ 0:12  | TORNEOS E ACTOS