Os nosos Alevíns Feminino e Mixto acudiron cheos de ilusión a unha cita que xa é habitual no Caselas dende hai anos. En Monçao enfrontáronse a varios equipos de Portugal e a un equipo catalán, Unió Cerdanyola, o que supuxo o primeiro partido da historia de tódalas categorías do clube perante un conxunto de esa comunidade autónoma.
Foi un fin de semana intenso onde a convivencia e o compañeirismo tiveron un lugar destacado. Agradecer aos organizadores de Monçao Basket o seu gran traballo e aos moitísimos familiares de Salceda, que como ven sendo habitual, volcáronse cos pequen@s.



