Martes, 16 de junio de 2009
A xogadora do C.B.Caselas EDM. Andrea Vaqueiro, pertencente ao equipo Alevín Mixto entrenado por Carlos, foi seleccionada para disputar o Campionato Galego de Minibásquet de seleccións zonais representando a Vigo. Dito campionato celebrouse en Coruña o sábado 13 de xuño e tivo unha clara cor viguesa, que derrotou a Lugo por 51-21 e a Coruña por 59-32. 
Andrea tivo unha destacada actuación, adaptándose enseguida á competición e ás compañeiras. No primeiro partido anotou 12 puntos e no segundo 16. Dende esta páxina felicitamos a Andrea polo seu traballo para chegar ata aquí.

Na foto do Caselas aparece segunda na fila de arriba a dereita da imaxe.

Publicado por cbcaselas @ 23:34