Domingo, 14 de junio de 2009

Caselas - Monçao alevín mixto
Celebráronse no Pavillón de Salceda os partidos de fin de tempada coa presencia dos nosos amigos do país veciño de Monçao Basket. Ao longo de toda a tarde as distintas categorías base mostraron as súas habilidades e aprendizaxes adquiridos. Na xornada estiveron no pavillón moitos pais, nais e familiares, os entrenadores de base, a directiva e o alcalde de Salceda Marcos Besada entre outros.

Os equipos do C.B.Caselas EDM. que xogaron con Monçao foron o ALEVÍN MIXTO (que perdeu por 41-63) e o INFANTIL MASCULINO (derrota clara por 32-79). O BENXAMÍN MIXTO xogaron entre eles (gran duelo entre "Pumas Grises" e "Gatos Blancos"). O INFANTIL FEMININO enfrontouse por último aos compañeiros masculinos, que acababan de xogar con Monçao e acusaron o cansancio.

Agradecer a todas as persoas que sacrificando o seu tempo colaboraron con esta festa dos pequenos, especialmente ao grupo de pais/nais que se encargaron de preparar a merenda para todos os asistentes.

Con este acto, rematan os entrenamentos e a tempada 2008-2009, aínda que os Alevíns teñen un torneo a fin de mes que informaremos.
C.B.Caselas Alevín Mixto

Monçao Basket alevín feminino

Os benxamíns enfrontáronse nun bonito duelo

"Pumas Grises"-"Gatos Blancos" unidos

Toda una familia colaborando con el baloncesto en Salceda


Publicado por cbcaselas @ 18:51