Martes, 09 de junio de 2009

Os Benxamíns, de Natalia e Rubén, e os Alevíns, de Carlos, estiveron en Santiago no Torneo de "El Correo Gallego".
Pasaron un gran día con xogos, concursos, partidos, compartindo con outros nenos e nenas vidos de toda Galicia.
Os resultados, que tal vez era o de menos, foron os seguintes:

BENXAMÍN MIXTO:
S.Pelayo (Santiago) 33 Caselas 22
Caselas 26 La Salle (Santiago) 25
ALEVÍN MIXTO:
Caselas 32 Ludy Recimil (Ferrol) 58
Caselas 45 Jaime Balmes "A"(Noia) 56

Agradecer a organización o excelente trato e atención recibidos, aos numerosos pais desprazados polo seu apoio, e aos entrenadores polo seu traballo.
Aquí vos quedan as imaxes (picade enriba para ler o titular):
Chegada da expedición a Santiago a primeira hora da mañá

Os Alevíns sentados no pavillón a espera do primeiro partido

Primeiro partido do Alevín Mixto: o balón non quere entrar

Debut dos pequechos perante S.Pelayo. Ilusión a moreas

As actividades paralelas centraron a atención nos ratos libres. Había que acadar puntos para canxear por regalos !!!

Outra imaxe dos pequechos no primeiro partido

Natalia e Rubén sempre atentos cos seus. Hora de xantar!!! Todos á mesa!!!

O Alevín Mixto de Carlos no partido con Noia, nun bonito e disputado encontro

Rubén dá instruccións aos Benxamíns na victoria dos nosos perante La Salle


Publicado por cbcaselas @ 22:33  | TORNEOS E ACTOS