Triple cita este fin de semana.Rematou a campaña 08-09 para as categorías base, aínda que queda algún partido pendente.
Infantil Masc: CASELAS 19 C.ANDERSEN 56
Infantil Fem: C.MARIANO - CASELAS (APLAZADO).
Benxamín Mixto: C.MARIANO - CASELAS
Nas próximas datas faremos un pequeno balance en números dos cinco equipos do baloncesto salcedense.

Na tardiña de hoxe venres 22 de maio, o C.B.San José de La Guía nos comunicaba o falecemento do pai dun xogador. Con tal motivo nos solicitaron o aprazamento do partido de mañán sábado.
O Club Baloncesto Caselas ACEPTOU O APLAZAMENTO, polo que se xogará noutra data.
Aproveitamos para desexarlles ao xogador Chus e a súa familia o máis sincero pésame.
Senior Masc: CASELAS - S.JOSÉ LA GUÍA "B"O vindeiro sábado 23 de maio as 20:00 horas no Pavillón de Deportes de Salceda terá lugar o sorteo anual de agradecemento aos socios, que participarán automaticamente co seu número de carnet. Será no transcurso da derradeira xornada de Copa Vigo Senior entre o Caselas e o S.José La Guía “B”.
A Directiva do C.B.Caselas agradece a axuda simbólica de todos aqueles que quixeron colaborar co noso proxecto desinteresado.
Recordemos os agasallos a sortear:
· Un xamón, da BODEGUILLA Z-9 -Salceda
· Un lote albariño, de VAL DO CEA -Arbo
· Un agasallo, de SANFER EXPERT -Salceda
· Catro vales desconto, de DEPORTES GONZÁLEZ -Salceda
Mala xornada esta do 16 de maio onde perderon os tres equipos que xogaron.
INFANTIL FEM: CASELAS EDM. 39 AIREXA NIGRÁN 52
C.B.Caselas (39): Nerea (0), Tamara (15), Yoli (2), Carla (4), Laura Abalde (0). QUINTETO. Laura Fdez (8), Andrea (4), Cynthia (4), Laura Guerrero (0), Blanca (2) e Lara (0).
O marcador de 2-16 ao remate do primeiro cuarto, foi excesivo lastre para que as nosas rapazas acadasen a victoria. O Caselas saiu "dormido" en defensa, e en ataque parecía que non quería entrar nada, pese a lanzar en boas posicións. No resto viuse un bó partido, con moita igualdade e intercambio de canastas, pese ao dominio no rebote das de Nigrán, con xogadoras máis altas e fortes cas nosas.
INFANTIL MASC: CELSO E.FERREIRO SEIS NADAL 58 CASELAS EDM. 16
BENXAMÍN MIXTO: CASELAS EDM. 20 COMPAÑÍA MARÍA masc. 47
Senior Masc: (Descanso Copa DVB)
O C.B.Caselas EDM Alevín Mixto, entrenado por Carlos Rodríguez, non poido culminar unha boa tempada e quedouse a un posto de clasificarse para a Final a Catro. Os rapaces e rapazas lograron un meritorio quinto posto, pero empatados co cuarto -S.Jose La Guía- e co terceiro -Andersen-. Pero neste triple empate, os partidos entre eles desfavorecen ao Caselas.
As semifinais xogaranas S.José La Guía (4º) contra García Barbón (1º), e Andersen (3º) contra Maristas Celta (2º).
Os entrenadores e directiva, independetemente, valoran a tempada como moi positiva, nun grupo que mellora e de xogadores/as exclusivamente de primeiro ano. Felicidades!
C.B.O. 54 C.B.CASELAS 49
C.B.Caselas (49): Javi (13), David (22), Toni (3), Víctor (6), Rubén (3), Igor (2) e Iago.
Parciais: 17-10 / 15-11 / 11-14 / 11-14.
Incidencias: Pavillón de Balaídos, debaixo da grada de Río, onde a mesma hora estaban xogando o Celta-Las Palmas.
Con practicamente seis efectivos e coas importantes baixas de Juan e Yanko, o Caselas afrontou un choque vital para manter esa mínima opción de clasificarse para as semifinais de Copa.
Logo dunha primeira metade mala que rematou con 32-21, os nosos reaccionaron na segunda, chegando a empatar ata tres veces. Pero o momento clave chegou a falla de menos de dous minutos onde nos poñiamos por diante 46-49. Inexplicablemente -medo a gañar?-deixamos de mirar aro -unido a unha técnica-. e aínda por riba fallamos o pouco que tiramos. Isto provocou a reacción dos olívicos que remontaron.
A falla de unha xornada, o URECA (que gañou no outro encontro ao S.José La Guía "B" por 38-72) e o C.B.O., con dúas victorias cada un, loitarán polo primeiro posto deste Grupo 4 que clasifica para as semifinais. O Caselas xoga a honra xunto con La Guía "B" de non quedar último.
CATEGORÍAS BASE
Infantil Fem: CASELAS 38 EMBRUJO CÉLTICO 59
C.B.Caselas EDM (38): Nerea (0), Laura F.(2), Andrea (10), Tamara (17), Cynthia (0), Laura Gu.(2), Yoli (1), Blanca (2), Eva (2) e Carla (2).
Non xogaron mal partido as de Salceda que aguantaron ata o descanso: 21-28. Unha das claves foi a boa defensa das visitantes, que non soubemos atacar.
Alevín Mixto: CASELAS 2 CASTRO S.MIGUEL 0
Victoria nos despachos na derradeira xornada ao anunciar os vigueses que non poderían vir a xogar.
Benxamín Mixto: CASELAS 22 MARISTAS "B" VIGO 72
Clara derrota dos peques na loita polos postos 13 a 18.
Senior Masc: C.B.O. - CASELAS (Copa DVB)C.B.Caselas (44): Javi (18), Víctor (2), Rubén (8), Igor (2), Juan (6). QUINTETO. David (4), Toni (4) e Iago (0).
Parciais: 11-16 / 13/16 / 10-6 / 10-19.
Incidencias: Moi flouxa entrada na mañá do domingo no Pavillón de Deportes de Salceda. Non xogaron Yanko, lesionado cun golpe no xeonllo, e Mili, por motivos persoais.
Mal partido onde o URECA Caixanova de Nigrán levou a victoria máis por errros dos nosos que por méritos propios.
Saiu motivado o Caselas con 11-4 no marcador; espexismo, pois os visitantes con velocidad nos devolven cun parcial de 0-12 (11-16 no primeiro cuarto).
O segundo cuarto foi igualado. Os de Jose Luis foronse asentando na pista e apretaron en defensa logrando deixar un esperanzador 34-38 ao final do terceiro cuarto.
Na parte final os nosos erros foron constantes, sobre todo perdas de balón por pases imprecisos. No lanzamento tampouco tivemos o día -non anotamos nin unha tripla-. O URECA, sen demostrar nada especial, bastouse de 3 triplas no tramo final para sentenciar un encontro onde sempre tivemos opcións.
RESULTADOS COPA DVB SENIOR:
Grupo 1: Puerto de Vigo 62 Airexa "B" 33 / Porriño 83 Arcade 79
Grupo 2: Salesianos 70 Airexa "A" 79 / Tui 38 Baiona 78
Grupo 3: Rodaballo 69 La Guía "A" 67 / Seis Nadal 59 Oh!Vigo 85
Grupo 4: La Guía "B" 51 CBO 56 / Caselas 44 URECA 57