Martes, 12 de mayo de 2009

C.B.O. 54  C.B.CASELAS 49

C.B.Caselas (49):  Javi (13), David (22), Toni (3), Víctor (6), Rubén (3), Igor (2) e Iago.
Parciais:  17-10 / 15-11 / 11-14 / 11-14.
Incidencias:  Pavillón de Balaídos, debaixo da grada de Río, onde a mesma hora estaban xogando o Celta-Las Palmas.

Con practicamente seis efectivos e coas importantes baixas de Juan e Yanko, o Caselas afrontou un choque vital para manter esa mínima opción de clasificarse para as semifinais de Copa.
Logo dunha primeira metade mala que rematou con 32-21, os nosos reaccionaron na segunda, chegando a empatar ata tres veces. Pero o momento clave chegou a falla de menos de dous minutos onde nos poñiamos por diante 46-49. Inexplicablemente -medo a gañar?-deixamos de mirar aro -unido a unha técnica-. e aínda por riba fallamos o pouco que tiramos. Isto provocou a reacción dos olívicos que remontaron.
A falla de unha xornada, o URECA (que gañou no outro encontro ao S.José La Guía "B" por 38-72) e o C.B.O., con dúas victorias cada un, loitarán polo primeiro posto deste Grupo 4 que clasifica para as semifinais. O Caselas xoga a honra xunto con La Guía "B" de non quedar último.


CATEGORÍAS BASE

Infantil Fem:  CASELAS 38  EMBRUJO CÉLTICO 59
C.B.Caselas EDM (38): Nerea (0), Laura F.(2), Andrea (10), Tamara (17), Cynthia (0), Laura Gu.(2), Yoli (1), Blanca (2), Eva (2) e Carla (2).
Non xogaron mal partido as de Salceda que aguantaron ata o descanso: 21-28. Unha das claves foi a boa defensa das visitantes, que non soubemos atacar.
Alevín Mixto:  CASELAS 2  CASTRO S.MIGUEL 0
Victoria nos despachos na derradeira xornada ao anunciar os vigueses que non poderían vir a xogar.
Benxamín Mixto:  CASELAS 22 MARISTAS "B" VIGO 72
Clara derrota dos peques na loita polos postos 13 a 18.
Un partido dos Alevíns


Publicado por cbcaselas @ 22:52  | CRONICAS