Senior Masc: 1ª xornada Copa DVB:
CASELAS - URECA NIGRÁN
Domingo 3 / 12:00 / Pavillón de Salceda.
As categorías base descansan neste fin de semana da ponte do 1 de maio.
FINAL FOUR EUROLIGA DE BALONCESTO
O mellor baloncesto de Europa pódese ver este fin de semana en televisión, a Final a Catro, cun representante español que loitará cun ruso e dous gregos. Imprescindible para un bó afecionado ao deporte da canasta.
Venres 1 maio:
18:00 h / Semifinal: BARCELONA - CSKA MOSCÚ (por TVE2)
21:00 h / Semifinal: PANATHINAIKOS - OLYMPIAKOS
Domingo 3 maio:
17:00 h / Terceiro e Cuarto posto.
20:00 h / Final.
Dezaseis equipos Senior repartidos en catro grupos tomarán parte na competición de Copa DVB que comeza o fin de semana do 2-3 de maio.
Logo do sorteo, o C.B.Caselas quedou no grupo 4, xunto cos vigueses C.B.O. e S.José La Guía "B" e o URECA de Nigrán.
En cada grupo, xogarase unha liguiña a unha volta. Os primeiros clasificados de cada grupo irán as semifinais a ida e volta.
A composición dos grupos é a seguinte:
Grupo 1: Arcade / Airexa "B" / Porriño / Puerto de Vigo.
Grupo 2: Baiona / Airexa Fiorucci / Bugy Bugy (Tui) / Salesianos Vigo.
Grupo 3: Oh!Vigo / S.José La Guía "A" / Seis do Nadal / Rodaballo.
Grupo 4: URECA / Caselas / C.B.O./ S.José La Guía "B".
O calendario para o Caselas é o seguinte:
Xda.1 - 03/05/09: CASELAS - URECA
Xda.2 - 10/05/09: C.B.O. - CASELAS
Xda.3 - 24/05/09: CASELAS - S.JOSÉ LA GUÍA "B"
O 31 de maio será a Ida das semifinais, e o 7 de xuño a Volta. A FINAL é o 21 de xuño en sede a designar.
Resultados do fin de semana do 25-26 de abril:
Inf. Masc: CASELAS 2 CASTRO S.MIGUEL 0 (Castro S.Miguel só presenta un xogador ao partido).
Inf. Fem: CASELAS 42 LOS SAUCES 61
CALASANCIAS 17 CASELAS 31
Alev.Mixto: DIVINO SALVADOR 32 CASELAS 65
Benx.Mixto: CANT.PORRIÑO masc. - CASELAS
Destacar a doble xornada en Infantil Feminino -sábado e domingo-.
Senior Masc: (Inicio Copa DVB o 2 de maio)
Infantil Masc: CASELAS - CASTRO S.MIGUEL (VIGO)
Sábado 25 / 10:00 / Pavillón de Salceda.
Infantil Fem: CASELAS - LOS SAUCES (VIGO)
Sábado 25 / 11:45 / Pavillón de Salceda.
CASELAS - CALASANCIAS (VIGO)
Domingo 26 / 12:00 / Pavillón de Salceda.
Alevín Mixto: DIVINO SALVADOR - CASELAS
Sábado 25 / 12:00 / Colexio Divino Salvador (Coruxo-Vigo) / Saída 10:45
Benxamín Mixto: CANTEIRAS PORRIÑO masc.- CASELAS
Sábado 25 / 10:00 / Pavillón de Porriño / Saída 9:00
En Senior Zonal División B o Canteiras Porriño proclamouse campión o derrotar na final ao Rodaballo de Vigo pola mínima: 61-60. Ambos equipos ascenden a División A, ocupando os postos de Caselas e S.José La Guía, que descenden.
No 3º e 4º posto disputado entre dous equipos de Vigo, o Electroships Galicia venceu ao C.B.O. por 56-54.
Por outro lado, a xogadora de Salceda formada nas nosas categorías inferiores Laura Cabaleiro ven de proclamarse campiona galega Junior co seu equipo actual, o Celta Caixanova na final xogada en Santiago. O Celta, tras desfacerse de Cortegada Vilagarcía e Andersen Vigo, venceu tamén na final ao Calasancias Coruña por 55-43. Laura foi a xogadora máis valorada da final e fixo un bó campionato, que ten moito merito porque ven dunha dura lesión que a tivo apartada parte desta tempada. Agora xogará o sector norte en Santander a principios de maio, clasificatorio para a fase final do Campionato de España. Desexámoslle o mellor no futuro!!
Senior Masc: (Pendentes inicio Copa DVB)Venres Santo de auténtico baloncesto para os nosos equipos base en Vilagarcía de Arousa.
Xogos, talleres, regalos, partidos, autógrafos.... e para rematar todos no "Vilagarcía Arena" para mirar un Francia-Nova Zelanda e un España-Rusia, que non sucede tódolos días.
Os resultados dos nosos pequenos/as case era o de menos, logo dun extraordinario día que rematou sobre as 11 da noite, cando chegamos a Salceda.
Desprazáronse 25 xogadores/as, 5 entrenadores, a directiva e numerosísimos pais, nais e familiares, que estiveron sempre co Caselas.
Agradecer á organización -sempre dialogante e atenta cos equipos-.
Resultados C.B.Caselas E.D.M:
Alevín Fem:
Caselas 11 Meco Grove 19
Caselas 25 Juv.Pacense (Port) 29
ATC (Portugal) 12 Caselas 38
Infantil Fem:
Caselas 20 Liceo Vilagarcía 17
Caselas 16 ATC mixto (Port) 29
Caselas 16 ATC fem (Port) 25
Caselas 15 Brigantium mixto (Coruña) 45
Os resultados de Alevín Mixto non foron rexistrados.
Resultados Torneo Sub-18 (venres):
Italia 98 Chequia 53
Angola 56 Alemania 65
Francia 114 Nova Zelanda 48
España 64 Rusia 76
Aquí vos quedan unhas fotos. Podedes poñer o punteiro enriba de cada foto para ler o seu titular.









Os equipos do C.B.Caselas E.D.M. Alevín Mixto, Alevín Feminino e Infantil Feminino participarán no xa tradicional Vilagarcía Basket Cup Base, que se disputará dende o Xoves ata o Domingo de Semana Santa no recinto feiral de FEXDEGA.
Esta festa, destinada aos máis pequenos, é a antesala do grandioso Torneo Sub-18, que este ano cambia o formato de oito equipos por oito seleccións: España, Italia, Francia, Alemania, Rusia, Chequia, Angola e Nova Zelanda.
Os nosos equipos acudirán o Venres 10 de abril en autobús posto polo clube que saldrá as 9:00 h dende o Pavillón de Deportes de Salceda. A chegada será aproximadamente sobre as 23:00 h. Durante o día os nosos rapaces xogarán un total de 10 partidos con equipos de Galicia e Portugal. Ademáis nos quedaremos a ver o España-Rusia, entre outros partidos.
CALENDARIO C.B.CASELAS (Venres 10):
| Alevín Mixto Entr: Rubén/Iago |
Alevín Feminino Entr: Natalia/Suso |
Infantil Feminino Entr: Manolo |
| 12:10 Caselas-ATC (Portugal) | 11:35 Caselas-Meco B (Grove) | 12:10 Caselas-Liceo Vilagarc. |
| 13:55 Caselas-Vasco da Gama (Port) | 13:20 Caselas-J.Pacense (Port) | 13:20 Caselas-ATC mixto (Port) |
| 16:15 Caselas-Povoa Varzim (Port) | 15:05 ATC (Port)-Caselas | 15:05 Caselas-ATC femin (Port) |
| 16:15 Caselas-Brigantium (Coruña) |
CALENDARIO TORNEO SUB-18 (Venres 10):
12:00 Italia-Chequia
16:00 Angola-Alemania
18:00 Francia-Nueva Zelanda
20:00 España-Rusia
PRAZAS PARA IR EN AUTOBÚS:
Toda a xente que desexe ir (afecionados, familiares, etc.), aínda quedan algunhas prazas para ir no autobús. Podedes anotarvos chamando a Suso (tfno: 639.258016). O prezo é de 5 euros. A entrada ao recinto e torneo de base é gratuíta. Os prezos para o Torneo Sub-18 son de 6 euros para maiores e de 3 euros para menores de 14 anos. A entrada dá dereito a ver tódolos partidos do día.

C.B.MOS 49 C.B.CASELAS 64
C.B.Caselas (64): Yanko (13), Javi (10), Víctor (8), Rubén (15) e Igor (9). QUINTETO. Toni (9) e Iago.
Parciais: 8-13 / 7-20 / 19-8 / 15-23.
Incidencias: Noite de martes no Pavillón Óscar Pereiro de Mos. Varios afecionados de Salceda. Na Ida, 27-61 para Mos, polo que o Caselas descende a División B Zonal.
As ausencias por lesión de Juan, David e Mili, ademais de varios xogadores tocados e Yanko que deu un susto cun esguince de tobillo, non foron impedimento para que o equipo entrenado por Jose Luis mostrase a súa mellor cara (quen o iba dicir cando hai unha semana o Caselas xogou o peor partido da tempada perante este mesmo conxunto).
Os nosos fixeron unha boa defensa zonal e un xogo de ataque sen precipitacións e con criterio. Incluso alcanzaron diferencias sobre os 20 puntos que chegaron a inquietar aos locais, que contaban practicamente con todo o seu plantel. Basta o 15-33 no descanso.
Ao final pequeno premio ao traballo feito e descenso dun gran grupo humano que loitou ata o final.
XOGAREMOS A COPA DVB
Agora o equipo Senior xogará a Copa DVB (Delegación Viguesa de Baloncesto) que comezará hacia finais de abril. Aínda non se coñece o sistema e datas de competición.
INFANTIL FEMININO: C.B.CASELAS 45 C.MARIANO 51
C.B.Caselas (45): Nerea (0), Laura F.(9), Andrea (8), Tamara (20), Cynthia (2), Laura Gu.(0), Yoli (2), Eva (2), Carla (0) e Lara (2).
Parciais: 12-12 / 10-16 / 11-17 / 12-6.
Partido bonito e entretido onde as nosas pagaron cara a súa precipitación nos instantes finais e sobre todo o escasísimo acerto dende o tiro libre. No cuarto final as rapazas de Salceda fixeron un gran desgaste físico, animadas por un público volcado, pero non foi suficiente.

Unha victoria e dúas derrotas foi o balance do fin de semana para os equipos base do C.B.Caselas EDM.
O Benxamín Mixto caeu en Salceda perante un Seis do Nadal superior por 17-60.
O Alevín Mixto, composto na súa maioría por rapazas de primeiro ano, perdeu co en Vigo co S.José de La Guía por 56-36.
A alegría veu dada polas rapazas do Infantil Feminino, que nun entretido encontro derrotaron ao Maristas Celta por 59-43 (29-21 ao descanso), con boa aportación de todas as xogadoras, que se repartiron así os puntos: Nerea (2), Laura F.(11), Tamara (22), Cynthia (4), Laura Gu.(4), Yoli (4), Eva (0) e Carla (12).
SENIOR MASCULINO DIVISIÓN A: KEN SHOP, CAMPIÓN DE LIGA
O Ken Shop de Vigo proclamouse campión de liga logo de vencer na final disputada en Porriño ao Arcade por 82-84, nun partido moi aberto que poido caer de calquera lado. No 3º e 4º posto Baiona venceu a Oh!Vigo por 77-70 logo dunha prórroga.
No partido de Ida do play off de permenencia, S.José La Guía perdeu con Airexa Nigrán por 51-56.
Por outro lado, o Rodaballo de Vigo e o Canteiras Porriño son merecidamente novos equipos de División A, logo de derrotar en semifinais a Electroships e a CBO -ambos de Vigo- na Ida e na Volta.