Venres Santo de auténtico baloncesto para os nosos equipos base en Vilagarcía de Arousa.
Xogos, talleres, regalos, partidos, autógrafos.... e para rematar todos no "Vilagarcía Arena" para mirar un Francia-Nova Zelanda e un España-Rusia, que non sucede tódolos días.
Os resultados dos nosos pequenos/as case era o de menos, logo dun extraordinario día que rematou sobre as 11 da noite, cando chegamos a Salceda.
Desprazáronse 25 xogadores/as, 5 entrenadores, a directiva e numerosísimos pais, nais e familiares, que estiveron sempre co Caselas.
Agradecer á organización -sempre dialogante e atenta cos equipos-.
Resultados C.B.Caselas E.D.M:
Alevín Fem:
Caselas 11 Meco Grove 19
Caselas 25 Juv.Pacense (Port) 29
ATC (Portugal) 12 Caselas 38
Infantil Fem:
Caselas 20 Liceo Vilagarcía 17
Caselas 16 ATC mixto (Port) 29
Caselas 16 ATC fem (Port) 25
Caselas 15 Brigantium mixto (Coruña) 45
Os resultados de Alevín Mixto non foron rexistrados.
Resultados Torneo Sub-18 (venres):
Italia 98 Chequia 53
Angola 56 Alemania 65
Francia 114 Nova Zelanda 48
España 64 Rusia 76
Aquí vos quedan unhas fotos. Podedes poñer o punteiro enriba de cada foto para ler o seu titular.








