Os equipos do C.B.Caselas E.D.M. Alevín Mixto, Alevín Feminino e Infantil Feminino participarán no xa tradicional Vilagarcía Basket Cup Base, que se disputará dende o Xoves ata o Domingo de Semana Santa no recinto feiral de FEXDEGA.
Esta festa, destinada aos máis pequenos, é a antesala do grandioso Torneo Sub-18, que este ano cambia o formato de oito equipos por oito seleccións: España, Italia, Francia, Alemania, Rusia, Chequia, Angola e Nova Zelanda.
Os nosos equipos acudirán o Venres 10 de abril en autobús posto polo clube que saldrá as 9:00 h dende o Pavillón de Deportes de Salceda. A chegada será aproximadamente sobre as 23:00 h. Durante o día os nosos rapaces xogarán un total de 10 partidos con equipos de Galicia e Portugal. Ademáis nos quedaremos a ver o España-Rusia, entre outros partidos.
CALENDARIO C.B.CASELAS (Venres 10):
| Alevín Mixto Entr: Rubén/Iago |
Alevín Feminino Entr: Natalia/Suso |
Infantil Feminino Entr: Manolo |
| 12:10 Caselas-ATC (Portugal) | 11:35 Caselas-Meco B (Grove) | 12:10 Caselas-Liceo Vilagarc. |
| 13:55 Caselas-Vasco da Gama (Port) | 13:20 Caselas-J.Pacense (Port) | 13:20 Caselas-ATC mixto (Port) |
| 16:15 Caselas-Povoa Varzim (Port) | 15:05 ATC (Port)-Caselas | 15:05 Caselas-ATC femin (Port) |
| 16:15 Caselas-Brigantium (Coruña) |
CALENDARIO TORNEO SUB-18 (Venres 10):
12:00 Italia-Chequia
16:00 Angola-Alemania
18:00 Francia-Nueva Zelanda
20:00 España-Rusia
PRAZAS PARA IR EN AUTOBÚS:
Toda a xente que desexe ir (afecionados, familiares, etc.), aínda quedan algunhas prazas para ir no autobús. Podedes anotarvos chamando a Suso (tfno: 639.258016). O prezo é de 5 euros. A entrada ao recinto e torneo de base é gratuíta. Os prezos para o Torneo Sub-18 son de 6 euros para maiores e de 3 euros para menores de 14 anos. A entrada dá dereito a ver tódolos partidos do día.
