C.B.MOS 49 C.B.CASELAS 64
C.B.Caselas (64): Yanko (13), Javi (10), Víctor (8), Rubén (15) e Igor (9). QUINTETO. Toni (9) e Iago.
Parciais: 8-13 / 7-20 / 19-8 / 15-23.
Incidencias: Noite de martes no Pavillón Óscar Pereiro de Mos. Varios afecionados de Salceda. Na Ida, 27-61 para Mos, polo que o Caselas descende a División B Zonal.
As ausencias por lesión de Juan, David e Mili, ademais de varios xogadores tocados e Yanko que deu un susto cun esguince de tobillo, non foron impedimento para que o equipo entrenado por Jose Luis mostrase a súa mellor cara (quen o iba dicir cando hai unha semana o Caselas xogou o peor partido da tempada perante este mesmo conxunto).
Os nosos fixeron unha boa defensa zonal e un xogo de ataque sen precipitacións e con criterio. Incluso alcanzaron diferencias sobre os 20 puntos que chegaron a inquietar aos locais, que contaban practicamente con todo o seu plantel. Basta o 15-33 no descanso.
Ao final pequeno premio ao traballo feito e descenso dun gran grupo humano que loitou ata o final.
XOGAREMOS A COPA DVB
Agora o equipo Senior xogará a Copa DVB (Delegación Viguesa de Baloncesto) que comezará hacia finais de abril. Aínda non se coñece o sistema e datas de competición.
INFANTIL FEMININO: C.B.CASELAS 45 C.MARIANO 51
C.B.Caselas (45): Nerea (0), Laura F.(9), Andrea (8), Tamara (20), Cynthia (2), Laura Gu.(0), Yoli (2), Eva (2), Carla (0) e Lara (2).
Parciais: 12-12 / 10-16 / 11-17 / 12-6.
Partido bonito e entretido onde as nosas pagaron cara a súa precipitación nos instantes finais e sobre todo o escasísimo acerto dende o tiro libre. No cuarto final as rapazas de Salceda fixeron un gran desgaste físico, animadas por un público volcado, pero non foi suficiente.