Mi?rcoles, 25 de marzo de 2009
Senior Masc:  MOS - CASELASBIGOTIÑOS
Partido de Volta do Play Off de Permanencia.
Martes 31 / 21:30 / Pavillón Óscar Pereiro de Mos.
Infantil Masc:  (DESCANSO)

Infantil Fem:  CASELAS - MARISTAS CELTA
Sábado 28 / 10:00 / Pavillón de Salceda.
Alevín Mixto:  S.JOSÉ DE LA GUÍA - CASELAS
Sábado 28 / 10:45 / Colexio S.José La Guía (Vigo) / Saída 9:30
Benxamín Mixto:  CASELAS - SEIS DO NADAL COIA "B"
Sábado 28 / 11:30 / Pavillón de Salceda.

Publicado por cbcaselas @ 23:05
Lunes, 23 de marzo de 2009

C.B.CASELAS 27  C.B.MOS 61

C.B.Caselas (27):  Javi (2), Víctor (10), Rubén (0), Igor (0) e Juan (2). QUINTETO. Yanko (8), Toni (5), Mili (0) e Iago (0).
Parciais:  9-18 / 8-23 / 5-9 / 5-11.
Incidencias:  Pavillón de Deportes de Salceda. Preto de 100 espectadores que animaron magnificamente. Debutou no Caselas logo de case un ano de baixa Yanko. Non xogou David por mor dun esguince de tobillo.

Dúas foron as causas -creemos- que poden explicar o que sucedeu no partido.
Por un lado a plaga de lesións dos nosos xogadores, con ata seis dos nove que actuaron, arrastraban problemas físicos con varios esguinces. Isto limitou o xogo de contrataque e velocidade que caracteriza ao Caselas.
Por outro lado, o tiro, que case nin existiu, cun xogo de ataque con poucas ideas e unha chea de balóns perdidos. Como dato as triplas (0 de 2!!) e só 3 tiros libres convertidos de poucos máis lanzados, xa que o Mos apenas cometeu faltas.
Con este panorama, pouco máis se pode dicir do que foi o peor partido do Caselas na tempada. Ao Mos bastáronlle as 7 triplas para levarse unha victoria merecida que xa amarrara no descanso: 17-41.
Coa eliminatoria resolta, o Caselas tratará de recuperar á xente e afrontar o partido de volta nas mellores condicións posibles.

DEBUT DE YANKO
Do pouco positivo do sábado, emotivo foi ver saltar a pista ao noso querido Yanko, que levaba traballando duro nos derradeiros meses para chegar precisamente a estos dous partidos de permenencia. O xogador, que entrou ao pouco do inicio, aínda está moi lonxe do seu nivel, pero deixounos detalles da súa clase. Dende aquí desexamos a súa pronta recuperación.

RESULTADOS PLAY OFF SENIOR DIVISIÓN "A"
Permanencia:
Ida: Caselas 27 Mos 61
Ida: S.José La Guía - Airexa Nigrán DESCONOCIDO
Ascenso:
Ida: Oh!Vigo 54 Arcade 55 // Volta: Arcade 80 Oh!Vigo 71
Ida: Baiona 53 Ken Shop 62 // Volta: Ken Shop 66 Baiona 65 



Dúas imaxes do Caselas-Mos. Arriba, Rubén dirixindo ao equipo. Abaixo Víctor, o mellor se hai que sinalar a alguén, co balón no poste baixo.


Publicado por cbcaselas @ 23:58  | CRONICAS
Mi?rcoles, 18 de marzo de 2009



Infantil Masc:
  Aplázase o partido co Divino Salvador e xógase o pendente co Castro S.Miguel:
CASTRO S.MIGUEL - CASELAS. Sábado 21 / 11:00 / Colexio S.Miguel 2 / Saída 9:45


Publicado por cbcaselas @ 17:11
Martes, 17 de marzo de 2009

Logo dos resultados da última xornada na Senior División A, xa se coñecen os cruces de permanencia e de ascenso. O rival do C.B.Caselas (10º clasificado) é o C.B.Mos (7º) en eliminatoria a Ida e Volta que comeza este sábado 21 de marzo as 20:00 horas no Pavillón de Salceda.
Os emparellamentos, tanto de permanencia como de ascenso, son os seguintes:

PERMANENCIA (Ida: 21-22 marzo // Volta: 28-29 marzo):
10º vs 7º:   C.B.CASELAS - C.B.MOS
9º vs 8º:   SAN JOSÉ DE LA GUÍA - AIREXA NIGRÁN
>> Os dous perdedores, descenden á División B.

ASCENSO (Ida: 19 marzo // Volta: 21-22 marzo):
4º vs 1º:   OH! VIGO - C.B.ARCADE
3º vs 2º:   C.B.BAIONA - KEN SHOP


Publicado por cbcaselas @ 0:09
Lunes, 16 de marzo de 2009

C.B.Caselas (66):  David (17), Mili (2), Rubén (9), Igor (10) e Juan (24). QUINTETO. Iago (1) e Víctor (3).
Parciais:  16-21 / 26-7 / 24-21 / 19-17.
Incidencias:  Derradeira xornada da primeira fase de liga no Complexo Deportivo de Caixanova, en Nigrán. Non xogaron Javi, lesionado no seu nocello, e Toni, por motivos laborais.

Meritorio e traballado partido do Caselas, que pese as baixas plantou cara ao Ureca cun equipo de "baixiños".
As baixas de Yanko, Javi e Toni, uniuselle a do pivot Víctor, que xogou só uns minutos o resentirse do seu nocello, e David, que a pesar de lesionarse, poido continuar. Sen todos estes homes altos, os de Jose Luis deron a cara cun xogo rápido -Juan, 24 puntos- e cunha defensa presionante 2-2-1 que puxo en apuros en moitos momentos os experimentados xogadores de Nigrán.
Só no segundo periodo, froito da relaxación, os locais conseguiron marcar a diferencia con parcial de 26-7, nun partido bonito e entretido que debe subir a moral aos nosos de cara ao play off.


CATEGORÍAS BASE

Infantil Masc:  BAIONA 56 CASELAS 8
Infantil Fem:  AIREXA NIGRÁN 41 CASELAS 33
Alevín Mixto:  MARISTAS CELTA 40 CASELAS 10
Benxamín Mixto:  SALESIANOS 30 CASELAS 34


Publicado por cbcaselas @ 23:50  | CRONICAS
Mi?rcoles, 11 de marzo de 2009
Tódolos nosos equipos xogan fora de Salceda este fin de semana. O Senior remata a liga, á espera do Play Off de permanencia o seguinte fin de semana.BIGOTIÑOS

Senior Masc:  URECA - CASELAS
Sábado 14 / 19:00 / Pavillón Complexo Deportivo Caixanova (Nigrán)
Infantil Masc:  BAIONA - CASELAS
Domingo 15 / 17:00 / Pavillón de Baiona / Saída 15:30
Infantil Fem:  AIREXA NIGRÁN - CASELAS
Sábado 14 / 10:00 / Pavillón de Panxón (Nigrán) / Saída 8:45
Alevín Mixto:  MARISTAS CELTA - CASELAS
Sábado 14 / 13:00 / Colexio Maristas (Vigo) / Saída 11:30
Benxamín Mixto:  SALESIANOS - CASELAS
Sábado 14 / 10:00 / Colexio Salesianos (Vigo) / Saída 9:00

Publicado por cbcaselas @ 22:34
Martes, 10 de marzo de 2009

C.B.CASELAS 59 AIREXA NIGRÁN 67

C.B.Caselas (59):  Toni (5), Víctor (10), Rubén (0), Igor (3) e Juan (17). QUINTETO. Javi (4), David (20), Mili (0) e Iago (0).
Parciais:  19-21 / 17-13 / 10-20 / 13-13.
Incidencias:  Arredor de medio centenar de espectadores no Pavillón de Salceda na soleada tarde do domingo. O xogador Javi non poido rematar o partido por mor dunha lesión no nocello.
Juan tenta meter un balón interior a Javi
As perdas puntuais de balón nos derradeiros minutos do choque (55-56 por entón no electrónico) deixaron ao Caselas ás portas dun triunfo polo que os xovencísimos xogadores de Jose Luis loitaron ata o final. A elo temos que unir outros erros que pesaron demasiado, coma os despistes defensivos, as canastas fáciles ou o tiro libre: 12 de 24. Pero tamén que non soubemos parar ao base nº7 dos do Val Miñor Pablo, que con 36 puntos foi o protagonista do encontro, aproveitanto a súa velocidade no contrataque.
O equipo deu unha imaxe moi diferente a dos últimos partidos, xogando con gañas, intensidade e sobre todo moi conscientes de que podía chegar a segunda victoria.
A falla de unha xornada para o fin da liga o vindeiro fin de semana en Nigrán na cancha do URECA, o Caselas espera rival para o play off de permanencia que saldrá entre o propio Airexa, Mos ou S.José La Guía.

CATEGORÍAS BASE

Infantil Fem:  EMBRUJO CÉLTICO 61 CASELAS 17
Benxamín Mixto:  CASELAS 29 C.MARIANO 23


Publicado por cbcaselas @ 0:02  | CRONICAS
Domingo, 08 de marzo de 2009

C.B.Caselas (36):  David (8), Toni (4), Juan (8), Víctor (6), Rubén (0). QUINTETO. Mili (4), Iago (0) e Igor (6).
Incidencias:  Partido xogado o martes 3 de marzo as 21:30 h no Pavillón Oscar Pereiro de Mos, con flouxa entrada.

A forte saída do Caselas foi só un espexismo, pois rapidamente os locais recuperaron o mando no marcador, pese que os nosos aguantaron ata o descanso: 27-23.
No segunda parte o partido non tivo historia para o Caselas, que erraba ataque tras ataque, sen lanzamento exterior e imprecisións, facendo que o Mos, sen facer un bo partido, se levara con claridade un derbi moi deslucido.
Sinalar as baixas de Javi (lesionado nun pé) e a consabida de Yanko, que continúa lenta pero favorablemente a recuperación.


Publicado por cbcaselas @ 19:07  | CRONICAS
Mi?rcoles, 04 de marzo de 2009
BIGOTIÑOSSenior Masc:  CASELAS - AIREXA NIGRÁN
Domingo 8 / 17:00 / Pavillón de Salceda.
Infantil Masc:  CASTRO S.MIGUEL - CASELAS
(Aprazado a petición do Caselas).
Infantil Fem:  EMBRUJO CÉLTICO - CASELAS
Sábado 7 / 10:00 / Pavillón de Balaídos (Vigo) / Saída 9:00
Alevín Mixto:  (DESCANSO)

Benxamín Mixto: CASELAS - C.MARIANO (VIGO)
Sábado 7 / 11:30 / Pavillón de Salceda.

Publicado por cbcaselas @ 23:35
Domingo, 01 de marzo de 2009

C.B.Caselas (49):  Javier (6), Víctor (4), Rubén (5), Igor (7) e Juan (4). QUINTETO. David (20), Toni (0), Mili (3) e Iago (0).
Parciais:  1ºC: 16-19   2ºC: 4-13   3ºC: 17-21   4ºC: 12-14
Incidencias:  Noite do xoves no Pavillón de Salceda cunha treintena de afecionados. Debutou no Caselas David, que tivo unha boa actuación.

Dende o principio do partido intuíase que ao noso equipo non lle saían as cousas, e, en efecto, así foi. O Caselas estivo frouxo en defensa e impreciso en ataque perante un equipo veterano que non demostrou nada especial (queda moi lonxe de aquel Xuventude de outros anos) e que se valeu das triplas do seu base Julio Teijeira e o xogo interior do pivot de 2,05 Johnny Lamas, ambos con experiencia en equipos nacionales.
Non funcionou o xogo en ningún concepto e así é imposible gañar, aínda que nos acercásemos a 12 puntos no periodo final. Como dato positivo sinalar as canastas ao contraataque, nos momentos que tentamos correr, e o bó debut do xoven David, que con 20 puntos foi o mellor do Caselas.
Recordamos que o vindeiro Martes 3 Marzo as 21:30 horas no Pavillón Óscar Pereiro de Mos, partido da 16ª xornada: C.B.Mos - C.B.Caselas.

CATEGORÍAS BASE


Infantil Fem:  CASELAS 42 CALASANCIAS 25
Infantil Masc:  CASELAS 18 MARIANO 68
Alevín Mixto:  CASELAS 32 CARMELITAS 49
Benxamín Mixto:  CASELAS - S.JOSÉ LA GUÍA (aplazado)
COMPAÑÍA MARÍA VIGO   CASELAS

As imaxes corresponden ao tempo morto do partidiño que xogaron entre eles os Benxamíns, e o Alevín Mixto Caselas-Carmelitas.


Publicado por cbcaselas @ 23:43  | CRONICAS