Lunes, 23 de marzo de 2009

C.B.CASELAS 27  C.B.MOS 61

C.B.Caselas (27):  Javi (2), Víctor (10), Rubén (0), Igor (0) e Juan (2). QUINTETO. Yanko (8), Toni (5), Mili (0) e Iago (0).
Parciais:  9-18 / 8-23 / 5-9 / 5-11.
Incidencias:  Pavillón de Deportes de Salceda. Preto de 100 espectadores que animaron magnificamente. Debutou no Caselas logo de case un ano de baixa Yanko. Non xogou David por mor dun esguince de tobillo.

Dúas foron as causas -creemos- que poden explicar o que sucedeu no partido.
Por un lado a plaga de lesións dos nosos xogadores, con ata seis dos nove que actuaron, arrastraban problemas físicos con varios esguinces. Isto limitou o xogo de contrataque e velocidade que caracteriza ao Caselas.
Por outro lado, o tiro, que case nin existiu, cun xogo de ataque con poucas ideas e unha chea de balóns perdidos. Como dato as triplas (0 de 2!!) e só 3 tiros libres convertidos de poucos máis lanzados, xa que o Mos apenas cometeu faltas.
Con este panorama, pouco máis se pode dicir do que foi o peor partido do Caselas na tempada. Ao Mos bastáronlle as 7 triplas para levarse unha victoria merecida que xa amarrara no descanso: 17-41.
Coa eliminatoria resolta, o Caselas tratará de recuperar á xente e afrontar o partido de volta nas mellores condicións posibles.

DEBUT DE YANKO
Do pouco positivo do sábado, emotivo foi ver saltar a pista ao noso querido Yanko, que levaba traballando duro nos derradeiros meses para chegar precisamente a estos dous partidos de permenencia. O xogador, que entrou ao pouco do inicio, aínda está moi lonxe do seu nivel, pero deixounos detalles da súa clase. Dende aquí desexamos a súa pronta recuperación.

RESULTADOS PLAY OFF SENIOR DIVISIÓN "A"
Permanencia:
Ida: Caselas 27 Mos 61
Ida: S.José La Guía - Airexa Nigrán DESCONOCIDO
Ascenso:
Ida: Oh!Vigo 54 Arcade 55 // Volta: Arcade 80 Oh!Vigo 71
Ida: Baiona 53 Ken Shop 62 // Volta: Ken Shop 66 Baiona 65 



Dúas imaxes do Caselas-Mos. Arriba, Rubén dirixindo ao equipo. Abaixo Víctor, o mellor se hai que sinalar a alguén, co balón no poste baixo.


Publicado por cbcaselas @ 23:58  | CRONICAS